PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- "Novamente o BNG ten que actúar ante a paralización e incompetencia do goberno municipal do PP, nos temas vitais para o futuro de Ponteareas e o benestar dos veciños", anunciou Sandra Araúxo hai unhas horas.
O Pleno ordinario que se celebrará este xoves, 30 de outubro, tratará iniciativas do BNG sobre temas de actualidade, como o plan Vigo Íntegra que afecta a un total de 14 parroquias de Ponteareas e do que nin a Consellería de Política Territorial, nin o Concello facilitaron información aos veciños.
Mocións nacionalistas
O BNG, propón que a Corporación apoie ás alegacións presentadas polos colectivos socias, e solicite da Consellaría de Política Territorial a modificación do Plan sectorial Vigo Íntegra no que atinxe ás actuacións previstas no Concello de Ponteareas e inicie un proceso de interlocución social cos colectivos veciñais e o Concello.
Noutro tema no que o BNG, de novo actúa como goberno, é na proposta de adhesión do Concello a Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta, adhesión que debía estar aprobada en pleno fai meses pois o programa comarcal xa foi presentado ante a Consellería de Medio Rural o pasado 16 de setembro.
Os nacionalistas tamén propoñen que o Concello elabore o proxecto de saneamento de Guláns, Cristiñade e da zona de Ganade pendente, para que se poida realizar o mismo tempo que o parque empresarial Val do Tea, para que os veciños destas parroquias e lugares se poidan aproveitar a depuradora que se vai instalar nesta área empresarial.
Tamén se abordará varias mocións do BNG, pendentes dos meses anteriores, por suspender o Alcalde os Pleno. Comparecencia do Sr. González Solla polo retraso na resolución do expediente de reposición do Adro da Igrexa de Guillade.