SILLEDA/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e presidente da Fundación Semana Verde de Galicia, José Luis Méndez Romeu, afirmou que “a Xunta está cubrindo as necesidades de financiamento puntuais que se teñen presentado nos últimos meses e continuará facéndoo para garantir o funcionamento da Fundación”. O titular de Presidencia fixo hoxe estas declaracións trala reunión do Padroado da mesma.
Tamén informou de que nas próximas semanas se levará a cabo o proceso de selección e contratación do director xeral, que deberá ser titulado universitario, con experiencia no mundo feiral e empresarial a nivel de organización de eventos e con dominio de idiomas. Será seleccionado, segundo afirmou o conselleiro, mediante un proceso mixto a través de currículo –que se valorará cun 60%- e entrevista –valorada cun 40%.
Desta maneira, Méndez Romeu prevé que para “mediados de decembro” se poida realizar a designación formal do mesmo por parte do Padroado. Polo tanto, xunto co remate dos traballos do plano de viabilidade, a principios de ano abrirase “unha nova xeira” na Fundación, dixo. Neste sentido, engadiu que “a partir de principios de ano será o novo director xeral quen marcará as liñas de traballo, o tipo de feiras e o calendario que se debe abordar”.
Feira Internacional Semana Verde
O conselleiro anunciou que a Feira Internacional Semana Verde terá lugar a partir do 19 de novembro e seguirá unha pauta semellante á de anos anteriores, inda que cunha redución do número de expositores froito da situación económica xeral. De feito, avanzou que hoxe se aprobou o plan de medios para iniciar “inmediatamente” os traballos de publicitación da mesma. Ademais, o mandatario autonómico asegurou que se mantén a celebración do resto de actividades previstas como as feiras do turismo ou de maquinaria agrícola.
Méndez Romeu declarou que haberá ao redor de 200 expositores nunha superficie duns 10.000 metros cadrados, que os expositores presentes serán os máis importantes do sector que teñan capacidade de facer negocio na propia Feira e que se agarda que o volume de transaccións comerciais sexa semellante ao doutros anos. Ademais, o conselleiro explicou que debe tender a ser unha feira profesional vencellada ás necesidades comerciais xa que as feiras abertas ao grande público están en retroceso, sen prexuízo de que poidan existir actividades puntuais deste tipo.
O titular de Presidencia dixo que na reunión do Padroado foron abordados outros asuntos como a aprobación de distintos procedementos de funcionamento, normas de contratación ou a elaboración do plan de viabilidade. Neste sentido, o conselleiro opinou que o plan de viabilidade debe estar listo a comezos do 2009 e que nel deben reflectirse as vías fundamentais de actuación, de financiamento e as actividades susceptibles de mellorar a ratio de autofinanciamento da sociedade e demais aspectos propios dunha actividade feiral. Para iso, “o Padroado está traballando de xeito unánime na aprobación destes obxectivos”, asegurou.