COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- Convocados pola Fundación Galiza Sempre diversos expertos debatirán en Santiago o vindeiro fin de semana acerca do futuro de Europa. O Seminario enmárcase no proceso impulsado pola Conferencia de Nacións sen Estado de Europa (CONSEU) con vistas a definir unha alternativa ao actual modelo europeo e pretende “formular propostas políticas innovadoras e novos argumentos a prol dunha reconstrución de Europa a partir das súas comunidades nacionais, descubrindo as eivas do marco xurídico-político actual”.
As dúas sesións de traballo, tituladas “Deconstruir a Europa inviable” e “Viabilizar a nova Europa” iniciaranse o venres 7 coa intervención de Nelly Maes e Günther Dauwen, Presidenta e director da Alianza Libre Europea EFA-ALE, respectivamente, estando prevista a participación da eurodeputada galesa do Plaid Cymru Jill Evans, de Camilo Nogueira, eurodeputado polo Bloque Nacionalista Galego entre 1999 e 2004, asi como representantes académicos, sociais e políticos de Galiza e de outras nacións sen estado europeas.
A Conferencia de Nacións sen Estado de Europa (CONSEU) é un foro de organizacións políticas, culturais e cívicas co obxectivo común de avanzar cara unha Europa respectuosa coa súa diversidade nacional, lingüística e cultural, e da defensa dos principios democráticos e o dereito dos pobos á autodeterminación.
Xabier Macías, director de Galiza Sempre e integrante do Consello Internacional da CONSEU, explica a necesidade do encontro sinalando que “o recoñecemento dos dereitos colectivos e as alternativas ao actual entramado da Unión Europea requiren novas reflexións en torno a unha Europa concibida como a unión libre de pobos soberanos (unha nova arquitectura institucional), a relación entre cidadanías nacionais e democracia participativa (dereitos civís e sociais para ampliar o poder popular) e o desenvolvemento solidario (co ecosistema, coas xeracións futuras e cos países en desenvolvemento)”.
O Seminario “Outra Europa: a alternativa das nacións sen estado” clausurarase cun acto público o sábado 8 de novembro ás 12:30h no Hotel NH en Santiago onde falarán Aureli Argemí, Presidente do Centre internacional Escarré per a les minories étniques i les nacions (CIEMEN), e Xosé Manuel Beiras, Presidente da Fundación Galiza Sempre.