VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Mañá martes ás 16.15 horas, na sala conferencias (1º andar) do Centro Cultural Caixanova (Policarpo Sanz 13) terá lugar o acto de inauguración das “XVI Xornadas das Mulleres Veciñais de Vigo” coa intervención da xornalista e xefa de prensa da Universidade de Vigo: Carmen Echevarría, a Concelleira de Igualdade do Concello de Vigo: Iolanda Veloso, a Vogal de Muller da FAVEC: Rosario Fernández e a presidenta da FAVEC: Elena González.
As Xornadas das Mulleres Veciñais de Vigo xirarán este ano en torno á conciliación da vida afectiva, laboral e familiar, como eixo fundamental para acadar a igualdade entre homes e mulleres. Ás 16.30 horas, obradoiros simultáneos e rotativos darán ás mulleres a oportunidade de aprender a reorganizar os seus tempos, desenmascarar os ideais impostos pola sociedade actual, reflexionar sobre as relacións por medio das cores ou mesmo coñecer como conciliar as obrigas e cargas co benestar para coidarse a si mesmas. Ao remata dos obradoiros e tras unha pausa café, o martes ás 18.30 horas e mércores e xoves ás 19.00 horas darán comezo as conferencias e debate coas intervencións da psicóloga industrial e mestra da Universidade de Deusto: Dª Nekane Rodríguez de la Garza, a secretaria xeral de igualdade na Vicepresidencia da igualdade da Xunta de Galicia: Dª Carme Adán Villamarín e a psicóloga e periodista Dª María Jesús Álaba Reyes; ponentes que darán verbo dos diferentes ámbitos da conciliación: laboral, afectiva e familiar.
A asistencia e participación son gratuítas. As persoas interesadas poden inscribirse na Federación Veciñal “Eduardo Chao” (pz. da Princesa nº7, 2º), no tefóno 986 22 30 67 ou no e-mail: eduardochao@favec.es ou presentarse na entrada do Centro Cultural Caixanova antes do comezo dos obradoiros.