COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza achegará o 48% do seu orzamento, que ascende a 217,8 millóns de euros, á Administración de Xustiza, segundo presentou hoxe o titular deste departamento, José Luis Méndez Romeu, en Comisión parlamentaria. O conselleiro sinalou que esta área conta cun incremento do 6% -ata un total de 105 millóns de euros- correlativo co que ten experimentado nos Orzamentos Xerais do Estado (OXE) para 2009.
Así, sinalou que nas liñas principais do investimento para 2009 se dá “prioridade absoluta ao gasto na función de xustiza” e lamentou que a resolución dos problemas nesta área non é función exclusiva do incremento de unidades xudiciais, senón consecuencia dun conxunto de medidas bastante complexo de implementar das que unha parte lle corresponde ao Ministerio de Xustiza, outra ao Consello Xeral do Poder Xudicial e outra -infraestructuras e medios- á Comunidade Autónoma. “Por tanto, cremos que esa é a área que debe ter un crecemento por riba da media da Consellería, por riba da media dos orzamentos da Xunta e en liña co que van aprobar os OXE para 2009”, asegurou.
Méndez Romeu tamén indicou que os obxectivos de investimento en materia xudicial aparecen sempre “cun certo grao de atraso” producido pola dificultade de conseguir os terreos necesarios sobre os que construír infraestructuras, debido a que os concellos aos que a Xunta lles solicita estas parcelas normalmente non están en condicións de responder con celeridade a esa demanda. Así, dixo, aparecen no Orzamento da Consellería cifras comprometidas en localidades como Muros, Vigo, A Coruña ou A Estrada “onde a dificultade de consecución de solo ten impedido a día de hoxe o comezo das obras malia nalgún caso ter mesmo redactado xa o correspondente proxecto arquitectónico”. Alén deses proxectos, e con cargo á Sociedade Pública de Investimentos (SPI), a Xunta pretende tamén levar adiante a dotación de novos edificios xudiciais en Ourense, Ferrol e Pontevedra.
Así, o titular de Presidencia puntualizou que, en materia de investimentos, o departamento actúa a medio dos compromisos directos da súa Secretaría Xeral –que aparecen detallados minuciosamente no Orzamento- e mediante mandatos de obra pública á SPI, que totalizan na Consellería para o vindeiro exercicio 2,4 millóns de euros dos que non aparece detallado o destino toda vez que esa decisión adóptase posteriormente no marco do plano económico financeiro da propia Sociedade.
O conselleiro tamén subliñou o incremento que experimentan as partidas dedicadas á xustiza de paz –que pasan de 480.000 euros a 915.000-, que definiu coma un área “tradicionalmente esquecida e abandonada”. Explicou que este aumento é froito dos acordos acadados no Pacto Local para asumir a asunción progresiva dos seus custos pola Administración autonómica e da evidencia de que “é difícil prestar un servizo mínimo nas condicións de traballo actuais” deses órganos.
Así mesmo, en materia de asistencia xurídica gratuíta hai un incremento do 3%. Méndez Romeu lembrou que no orzamento de 2008 producírase un aumento “moi importante” e que proximamente será aprobado un decreto polo que se modifica o regulamento vixente neste eido para introducir maior obxectividade no acceso a ese dereito ao que a Xunta destina en total –entre o servizo de procura e o de avogacía- arredor de 8 millóns e medio de euros anualmente.
Función Pública
No que se refire ás demais áreas de gasto deste departamento autonómico, o conselleiro sinalou o incremento importante en cifras porcentuais en materia de Función Pública, que acada algo máis de 11 millóns de euros e que, segundo dixo, forma parte do obxectivo de conseguir unha Administración pública máis profesionalizada. Indicou que se está a perseguir o obxectivo de reducción da taxa de temporalidade –ao principio da lexislatura o 24,7% dos efectivos-, de xeito que a día de hoxe atópase no 17%, e sinalou esta diminución de case oito puntos prodúcese cando o número total de efectivos ten medrado -fundamentalmente nas áreas de docencia e sanidade- en case 10.000 persoas e cando están en marcha as Ofertas Públicas de Emprego máis amplas da historia da Autonomía. Estas, afirmou, significarán unha importante minoración da temporalidade no exercicio de 2009, xunto coas demais medidas que en materia de persoal aparecen reflectidas no texto articulado da Lei de Orzamentos.
Méndez Romeu tamén destacou o avance nos investimentos dirixidos á dotación de aplicacións máis modernas para a xestión do persoal –como o rexistro telemático ou as convocatorias de oposicións- e a posta en marcha da nova estructuración do rexistro de incompatibilidades e altos cargos. Ademais, explicou que o Fondo de Acción Social medra un 10% como parte dos compromisos acadados coas organizacións sindicais. Neste sentido, lembrou que coa recente sinatura do convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta péchase unha lexislatura “especialmente pródiga en acordos sociais”.
Pola súa banda, no que se refire á Calidade e Avaliación de Políticas Públicas, contará con 14,3 millóns de euros. O titular de Presidencia destacou que nesta lexislatura o orzamento desta dirección xeral tense incrementado nun 31% para facer fronte ao conxunto de obxectivos de mellora da calidade que veñen sendo desenvoltos a medio de normas con rango de decreto. Como exemplos falou da simplificación administrativa, a cultura da calidade, a certificación externa dos procesos mediante entidades de normalización, o servizo do 012 como número de consulta e información e a implantación dun novo xestor de procedementos de tramitación electrónica moito máis potente e que polo tanto permita a existencia de máis procesos on-line.
Protección Civil e Interior
A Dirección Xeral de Protección Civil disporá en 2009 de preto de 19 millóns de euros que estarán dirixidos fundamentalmente á revisión dos plans emerxencia e de risco químico en todas as industrias afectadas pola directiva SEVESO, así como a aquelas áreas onde exista un risco derivado de fenómenos naturais. Tamén se destinarán á dotación de parques profesionais contra incendios sobre os que o conselleiro subliñou que se está producindo un incremento notable deles, xa que na provincia de Lugo hai cinco en proceso de licitación ou construcción, na Coruña hai un máis e proseguen as conversas –“con distinto grao de éxito”, segundo observou- nas outras dúas provincias.
Méndez Romeu relatou que, ao mesmo tempo, iniciarase con cargo á SPI a dotación dun centro integral de emerxencias –a sede do 112 e de todas as axencias de emerxencia da Xunta- para garantir unha mellor coordinación diante de situacións de risco importante ou cando sexa necesario mobilizar un grande número de operativos. “En materia de Protección Civil durante estes anos téñense invertido en Galicia por esta Dirección Xeral 83 millóns de euros, cando a cifra media dos anos anteriores era de 7,5 millóns por ano”, destacou. Así mesmo, explicou que se ten producido unha “dotación moi importante” que permite este ano, cunha minoración do gasto, manter os obxectivos de funcionamento xa que están moi recentes as dotacións de vehículos especializados á metade dos concellos de Galicia e as propias dotacións á Axencia Galega de Emerxencias, “polo tanto non é necesario repoñer equipamento no exercicio 2009”.
O orzamento previsto para a Dirección Xeral de Interior é de 7,7 millóns de euros que se utilizarán para levar adiante o funcionamento da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Xunta e os sistemas de seguridade SIRDEE, de comunicacións, e SIAPOL, de intelixencia policial. Tamén servirán para materializar algunhas das medidas previstas na Lei de Coordinación de Policías Locais, como a unificación da uniformidade, emblemas, distintivos, etc.
Administración Local
En materia de administración local prodúcese unha minoración do gasto, que queda situado en 8,2 millóns de euros cos que se dará prioridade ao impulso da Administración electrónica en detrimento das transferencias directas aos concellos para obras nas súas sedes. Segundo dixo Méndez Romeu, trátase de “reorientar o gasto en función das prioridades que neste momento se consideran cunha maior capacidade de producir sinerxias no funcionamento da Administración”.
Tamén indicou que se producen diminucións nas transferencias á Academia Galega de Seguridade Pública –ata 2,3 millóns de euros- “dado que o plano de investimentos iniciado nos últimos anos está practicamente rematado” e que no caso da Escola Galega de Administración Pública iniciarase unha liña de progresivo autofinanciamento das súas actividades que “neste momento é posible e desexable”.
Segundo afirmou, os orzamentos da Consellería experimentarán por primeira vez en 2009 unha minoración nas cifras absolutas, que porcentualmente se sitúa no 1,4% e que está inxerida no esforzo global do Goberno para ofrecer unha resposta orzamentaria á situación de inestabilidade económica que se vive no escenario económico internacional e nacional. Isto, considerou, obriga a priorizar os investimentos en aquelas áreas que poden ter unha incidencia máis rápida e importante nos aspectos dinamizadores da economía, en detrimento doutras que poden resistir unha leve minoración do seu orzamento en función de ter acadados xa os seus obxectivos ou de poder resistir momentaneamente una conxelación dos seus programas de gasto.