O PORRIÑO/ NIGRAN (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería e Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, asinará convenios de colaboración cos concellos de Burela, O Porriño, Muros e Nigrán para a realización de obras en campos de fútbol por un valor de dous millóns de euros (1.968.254€).
Estes convenios, que esta mañá foron aprobados polo Consello da Xunta, establecen as bases de colaboración económica para o cofinanciamento das obras, que completará o equipamento deportivo existente nos devanditos concellos e que tentará dar satisfacción á demanda existente de espazos deportivos.
Estes convenios, que esta mañá foron aprobados polo Consello da Xunta, establecen as bases de colaboración económica para o cofinanciamento das obras, que completará o equipamento deportivo existente nos devanditos concellos e que tentará dar satisfacción á demanda existente de espazos deportivos.
Desta forma, no municipio do Porriño dotarase de herba artificial o campo de fútbol de Torneiros, nunha obra que conta cun investimento total de 749.640 euros. A Dirección Xeral para o Deporte achegará un total de 637.194,68 euros, que repartirá ao cincuenta por cento en dúas anualidades (318.000 euros por ano), mentres que o Concello do Porriño aportará 112.446,12 euros tamén en dous anos. Ademais, o concello deberá por a disposición da Xunta de Galicia a instalación deportiva para posibilitar a actuación pretendida.No Concello de Burela, a actuación consistirá na dotación de herba artificial ao campo de fútbol da Marosa, cun investimento total de 660.324,06 euros, dos cales a Dirección Xeral para o Deporte achegará 561.275,49 divididos en dúas anualidades: En 2008 investirá 267.194,58 euros e no 2009 os 294.080,91 restantes.
O Concello de Burela aportará 99.000 euros e porá a instalación a disposición da Xunta para a realización das obras.
A obra en Muros tamén consistirá na dotación de herba artificial para o campo de fútbol de Esteiro, cun custe total de 607.242,46 euros, dos cales a Consellería de Cultura e Deporte aportará 516.156,09 € (en 2008, 285.000 e ao ano seguinte, 231.156,09 euros).
A última das actuacións, e tamén a máis pequena, é a de Nigrán, que consistirá na consolidación dos noiros (taludes) no campo de fútbol, cun investimento de 298.385,53 euros. A obra desenvolverase, como no caso das anteriores, en dous anos: no 2008 o investimento por parte da Dirección Xeral para o Deporte será de 190.020 euros, mentres que no 2009 será de 63.607,70 euros. Pola súa parte o Concello de Nigrán achegará 44.757,83 euros.