O GROVE (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle unha subvención de 6.000 euros á Comunidade de Propietarios San Vicente do Mar de O Grove que serán investidos na reparación e posta en funcionamento dunha pista polideportiva.
Esta colaboración económica procede do Plan de Acción Comunitaria (PAC) da Deputación que ten como obxectivo colaborar coas agrupacións veciñais da provincia en aspectos relacionados coa mellora do medio rural e dos barrios mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.
A comunidade de San Vicente do Mar, integrada por máis de 300 persoas, é unha urbanización totalmente aberta, con bares, cafeterías, parque infantil, unha pista deportiva e outras instalacións que durante o verán son utilizadas por máis de 3.000 persoas.
A instalación deportiva, segundo recolle a memoria presentada polos veciños, atópase moi deteriorada na actualidade polo que non pode ser utilizada. A intención dos veciños será reparala a través de investimentos propios e da colaboración da institución provincial.
Segundo establecen as bases do PAC, as obras deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 2009.