PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe o expediente e contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto, da compra dun camión con cuña quitaneves e espallador de sal para a súa utilización na zona norte da provincia. O importe desta dotación non superará os 150.800 euros.
Así, o organismo provincial mercará un camión cunha potencia e cilindrada superiores ós 250 C.V e 5.000 C.C. Terá un cambio de nove velocidades, servodirección hidráulica. Tamén bloqueo de eixo traseiro, tracción catro por catro, propulsión dianteira conectable e desconectable dende a cabina, sistema de freos neumático de dobre circuíto e freo electrónico con antibloqueo ABS. Suspensión traseira e eixo, bastidor de aceiro e antiempotramento traseiro, entre outras características.
A Deputación iniciará o procedemento de adxudicación, concedendo un prazo de 15 días naturais para a presentación de propostas, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).