VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de 10 accidentes de tráfico e outras 122 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 122 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 289 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 10:43 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente no concello de NIGRÁN, no faro de Monteferro. Para atender a vítima que caera ao mar, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial para atender ao paciente que unha vez rescatado foi trasladado ao Aeroporto de Peinador. Despois dunha primeira valoración e asistencia, o 061 trasladou a unha muller de 21 anos, N.L.F, con signos de hipotermia ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.