VIGO (MORRAZO-tribuna) .- A intervención da escritora e xornalista Mª Jesús Álava Reyes, colaboradora entre outros do programa “Saber Vivir” de TVE, porá fin a tres días de debate e formación. Será o xoves 30 de outubro ás 19.00 horas no Centro Cultural Caixanova.
Continúan as Xornadas das Mulleres Veciñais de Vigo, centradas na conciliación da vida afectiva, familiar e laboral como eixo da igualdade. Hoxe no Centro Cultural Caixanova de 16.30 a 18.30 horas haberá obradoiros rotativos e simultáneos. Logo dun descanso ás 19.00 intervirá a Secretaria Xeral da Igualdade na Vicepresidencia da Igualdade da Xunta de Galicia: Carme Adán Villamarín.
As xornadas rematarán o xoves coa intervención da escritora e xornalista Mª Jesús Álava Reyes, licenciada en psicoloxía, psicóloga clínica e orientadora educativa que na actualidade colabora en diversos programas como “Saber Vivir” de TVE, “Te doy mis ojos” de Onda Cero e “Hoy no es un día cualquiera” de RNE, autora, entre outros, dos libros: “El no también ayuda a crecer” e “La inutilidad del sufrimiento”. A conferencia de Mª Jesús Álava que leva por título “A conciliación desde o afecto e a familia. Un proxecto onde todos gañamos” xirará en torno a aquelas claves que permiten superar un dos principais retos da muller contemporánea: conseguir a conciliación cando traballamos á par, desde o afecto e o cariño, desde a intelixencia emocional e a vontade firme de coidar a relación de parella e asumir o labor insustituíble como nais.
Unha cea de confraternización porá o punto e final, será o venres ás 22.00 horas no Hotel Coia.