CUNTIS (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle unha subvención de 4.000 euros á Asociación de Veciños da Anllada (Cuntis) que serán investidos na reparación dun lavadoiro.
Segundo recolle a memoria presentada pola entidade veciñal, as obras consistirán na limpeza e acondicionamento do entorno; na colocación dun novo tellado de tella do país e na colocación de pedra no chan do lavadoiro. Así mesmo, forraranse de pedra os catro piares da construción, procederase á reparación do cubo do lavadoiro, e finalmente, pintaranse as partes que non son de pedra.
Esta colaboración económica procede do Plan de Acción Comunitaria (PAC) da Deputación que ten como obxectivo colaborar coas agrupacións veciñais da provincia en aspectos relacionados coa mellora do medio rural e dos barrios mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.