29 octubre 2008

SACAN A CONTRATACIÓN AS OBRAS DE MELLORA DA ESTRADA CORDEIRO-SENÍN EN VALGA

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra para a execución de beirarrúas, servizos e alumeado na estrada provincial Cordeiro-Senín en Valga. O orzamento desta obra ascende a 550.833 euros.
O proxecto contempla o levantado de beirarrúas a ambas marxes da estrada cunha lonxitude de 367 metros liñais e un ancho de entre 2 e 2,50 metros. Tamén se instalará tubaria de PVC cos seus pozos de rexistro e sumidoiros. Tamén se prevé unha partida para acometer conexións á rede xeral e para a instalación de 116 báculos de nove metros de altura construídos en chapa de aceiro.
As obras serán financiadas pola Deputación e a administración local de Valga. A institución provincial asumirá, concretamente, un orzamento de 445.007,48 euros.