15 enero 2009

Anuncian para diciembre la entrada en servicio en Vigo del ansiado Juzgado de lo Mercantil

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza anuncia que en decembro deste ano entrará en funcionamento un xulgado mercantil na cidade de Vigo. Este xulgado mercantil será o número 3 de Pontevedra e terá sede en Vigo. Con esta nova sede xudicial, o Goberno central atende a proposta realizada desde este departamento autonómico, a través da Dirección Xeral de Xustiza. A Consellería de Presidencia recibiu hoxe a confirmación do Ministerio de Xustiza.

A Consellería de Presidencia quere amosar a súa fonda satisfacción con este anuncio, que é o froito das xestións levadas a cabo pola Xunta de Galicia para a creación deste xulgado mercantil, demandando esta sala diante do Ministerio de Xustiza. Só está pendente recibir o informe favorable do Consello Xeral do Poder Xudicial.

A Administración galega expresou en numerosas ocasións e en diversos foros a necesidade desta nova unidade xudicial, atendendo o seu compromiso coas empresas de cara a axilizar os procedementos afectados pola Lei Concursal, co fin de reducir os tempos de tramitación e abordar con máis celeridade os procedementos derivados do elevado número de empresas que se acollen á dita lei.

Tanto a Consellería de Presidencia como o Ministerio de Xustiza consideran que a creación do xulgado do mercantil era un obxectivo xusto e necesario, que se vai facer realidade este ano grazas ao bo facer das administracións autonómica e central, recollendo o sentir das forzas económicas.

Neste sentido, a Consellería xa anunciara tamén o pasado mes de decembro a entrada en funcionamento dun xulgado mercantil na cidade da Coruña –o número 2- a partir de abril deste ano.