
Tras percorrer algunhas das zonas máis afectadas polo PEMOS no barrio da Veigadaña, os técnicos de Xestur comprometéronse coa alcaldesa a por en marcha algúns dos requerimentos básicos reclamados polos veciños, tales coma o retranqueo dos muros de demarcación dos taludes a un mínimo de 6 metros do eixo da calzada, dotar á zona de beirarrúas, a canalización de tódalas instalacións e rebaixar na medida do posible a altura de taludes e muros. Ademais os técnicos de Xestur expresaron a posibilidade de que nalgunhas zonas da estrada o retranqueo dos taludes sexa maior que os 6 metros mínimos, pero puxeron sobre aviso ós veciños de que canto máis se retranquee maís altura se lle deberá dar ós muros, condición que non safisface ós afectados; polo que se adoitará a medida que, sendo posible, supoña un menor impacto e un maior beneficio para ditos veciños.
Pola súa banda, a rexedora local, insistiu en reclamar durante esta esta visita á Veigadaña “que se lle remitan ó Concello os certificados de seguridade e estabilidade asinados e selados pola empresa correspondente, e que, chegados a este punto onde moitas das condicións do polígono son xa irreversibles, que Xestur intente reducir o máximo posible o impacto das obras sobre os veciños afectados”. Sandra Temes dirixiuse a Bárbara Fernández, técnico de Xestur, para solicitarlle que comprobasen o estado do muro de contención inxectado e asegurar así que non se teña producido o desprendemento de ningunha pedra máis das que forman a estructura, xa que fai poucos meses rexistrárase a caída de varias destas pedras.
Tamén asistiu á reunión desta mañá o presidente da Comunidade de Montes de Torroso, Camilo Grandal, para negociar con Xestur a posibilidade de que dote de alcantarillado a zona baixa do barrio da Fontiña.
Tras acadar que arranquen estes compromisos dos técnicos, Nidia Arévalo anunciou que o venres 16 de Xaneiro o Concello contestará á proposta de Xestur e de inmediato comezará a modificación das actuais condicións nas obras do polígono da Veigadaña.