15 enero 2009

Preocupación vecinal en Vigo por la creciente ola de inseguridad ciudadana

VIGO (MORRAZO-tribuna).- También en Vigo el clima de inseguridad ciudadana se hace notar. Al menos así lo denuncian desde la Federación de Asociaciones de Vecinos "Eduardo Chao". "A seguridade preventiva é único xeito de evitar a oleada de vandalismo, roubos e atracos. Seguridade que pasa porque a presencia policial sexa visible e permanente nas rúas e nos barrios da cidade. Desde a retirada do modelo de policía de barrio, un servizo accesible para a veciñanza que desde o punto de vista da cidadanía coñecía as problemáticas e desenvolvía unha importantísima labor preventiva, a sensación de seguridade é moito menor. Isto non só é coñecido pola propia veciñanza senón tamén polos delincuentes. Deste xeito recurrente estamos a sufrir casos que despertan enorme alarma social e alimentan un clima de constante inseguridade como as carreiras incontroladas que provocaron o falecemento dun matrimonio, os asaltos a vivendas e a chalets centrados nas parroquias de Candeán e Cabral, os roubos en Teis e Calvario, os menudeos en Coia ou os casos de vandalismo nas parroquias. ¿Cantos casos máis teremos que sufrir para que se dean conta de que sacar á policía da rúa e metela nos seus vehículos non é a solución de seguridade que queremos para Vigo?", denuncian desde la FAVEC.

Para los vecinales, es necesario que "o Concello que adopte medidas urxentes para garantir á veciñanza un clima de seguridade. As últimas actuacións do departamento responsable, como levar o radar móvil ás parroquias para evitar carreiras e excesos de velocidade ou propoñer a colocación de cámaras no centro non son as máis axeitadas; non consideran as dimensións da problemática e incluso entran en conflicto cos dereitos individuais. Identificar ao delincuente non supón evitar o delicto senón chegar tarde para evitalo; tamén na maioría dos casos as sancións logo de cometido o delicto tan só son un remendo e síntoma de que algo falla.
Queremos dunha vez unha cidade segura, que se adiquen maiores recursos humanos e materiais a sanear o profundo déficit de seguridade que arrastramos desde fai anos pero tamén queremos que se adoiten medidas de prevención e isto tan se consigue cun corpo de seguridade visible e accesible á cidadanía en todos os nos nosos barrios e parroquias".