A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- A Guarda vai ser un dos 90 concellos de Galiza na primeira fase do programa “Xantar na Casa”, que pretende implantar no país a Vicepresidencia da Xunta.
Neste senso, o portavoz dos nacionalistas, Xan Lois Lomba, destacou a importancia desta decisión porque é un recurso que vai facilitar unha alimentación equilibrada e saudábel para as persoas maiores con produtos de 1ª calidade.
Os principais obxectivos deste programa pasan por favorecer a autonomía persoal, garantindo a permanencia no fogar; facilitar un respiro ás familias coidadoras e axudar á conciliación laboral e familiar dos coidadores; e potenciar hábitos saudábeis. Lembra Xan Lois que cada usuario pagará, como máximo, 54 euro ao mes polo seu menú diario, adaptado ás súas necesidades.
O programa Xantar na Casa é froito da colaboración institucional na liña de cooperación e diálogo promovida desde Vicepresidencia. Así, serán os servizos sociais municipais os que seleccionen ás persoas beneficiarias do programa, mentres que o Consorcio Galego de Benestar xestionará a prestación do servizo e realizará o seguimento do mesmo.