VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- As brigadas que a Deputación de Pontevedra tén habilitadas en seis localidades da provincia para mantemento das estradas provinciais efectuaron o pasado ano de 2008 un total de 398 saidas por emerxencias, 110 delas no pasado mes de decembro.
Cada unha das devanditas brigadas está composta por oito personas (un capataz, un conductor e cinco ou seis peóns, según os casos) e diversos equipos de emerxencias (camións, quitaneves, motoniveladoras, motosierras, desbrozadoras, etc.) así como de material diverso dos miniparques esistentes (sal, grava, etc.).. A base das respectivas brigadas sitúase nas localidades de Lalín, Codeseda (A Estrada), Pontevedra, Ponteareas, A Cañiza e Gondomar.

As saidas por emerxencias derivan de chamadas efectuadas ou ben polo teléfono 112 ou pola Garda Civil de Tráfico e teñen causas diversas como poden ser o temporal, incendios, riadas, maleza ou árbores na estrada, accidentes, retirada de animais mortos, etc., etc.
No ano 2008, os citados equipos actuaron en 398 ocasións. O mes con menos saidas foi o de outubro (en 15 ocasións) e o de máis, o de decembro con 110 saidas. No pasado mes de decembro, o maior número de actuacións foi en Caldas e Moaña (5), A Estrada (8), Forcarei (7), A Cañiza (6), Mos (4), Ponteareas (6), Soutomaior, Vila de Cruces, Silleda e Lalín (4).
Ó longo do ano de 2008, por concellos, destacan as actuacións habidas en A Cañiza (29), Mos e Pontevedra (25) Caldas (23), A Estrada (22), Ponteareas (16), Forcarei (15), Lalín (14), Moaña (13), Sanxenxo (11), Gondomar, Soutomaior e Porriño (10).
No ano 2007, o número total de saidas de emerxencia das brigadas provinciais foi de 247. No 2006, a cifra acadou as 273 actuacións.
Kilómetros de estradas por comarcas
A rede de estradas de titularidade da Deputación na provincia supón máis do 50% do total de estradas na provincia. Distribúese así: comarca de Deza (293, 91 kilómetros e 57 estradas), Tabeirós-Terra de Montes (248,5 km. e 38 EP), Salnés (173 Km. e 56 EP), comarca de Vigo (238,9 km. e 56 estradas), comarca de Pontevedra ( 65 estradas 235,96 Km), A Paradanta (21 estradas 129 km), O Morrazo (29 estradas 70,5 km), O Condado (21 estradas 106,7 km), comarca de Caldas (31 estradas 123,05 km), Baixo Miño (11 estradas 64 km). Un total de 385 estradas e de 1684, 49 kilómetros de rede viaria.