14 enero 2009

El departamento de Bugallo dice que a Cuba no irá ningún cargo político y que solo se gastarán 51.000 euros

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- A Dirección Xeral de Creación e Difusión informou esta noite de que ningún cargo deste departamento, nin doutro departamento da Consellería, asistirá á Feira da Habana. A asistencia a este evento será só de profesionais do mundo do libro e da música, en concreto cinco autores e tres persoas de xestión do stand e loxística. Tamén quere sinalar que a asistencia destas persoas a este evento forma parte da programación anual de feiras que se acorda e se coordina coa Asociación Galega de Editores.

A consellaría dí tamén na nota emitida esta noite despois dos ataques do PP que publica tamén MORRAZO-tribuna que os autores asistentes, que participarán en presentacións de libros, conferencias e obradoiros, tanto na propia Feira coma na Cátedra de Galego ou no Instituto de Literatura e Lingüística, son os seguintes:
- Anxos Sumai, escritora
- Paco Martín, escritor
- Xosé Tomás, ilustrador
- Xabier Cid, escritor e coordinador da publicación Letras de Galicia
- Ramom Pinheiro, músico e autor dun libro sobre a influencia galega na música cubana

Ademais, asistirán tres persoas encargadas da xestión e coordinación do evento, contratadas pola propia empresa adxudicataria.

O contrato de 51.700 euros realizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión coa empresa Halcón Viajes, adxudicataria do concurso negociado, inclúe -ademais das viaxes destas persoas- o total dos servizos necesarios para o desenvolvemento da presenza galega na feira: montaxe e desmontaxe do stand, xestión, control e coordinación, transporte de libros e dotación de persoal para atención aos visitantes, tal e como se esixía no prego de prescricións técnicas do concurso.