VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación Provincial de Pontevedra celebrará o vindeiro 6 de febreiro a Gala Provincial do Deporte no transcurso da cal outorgará distincións ós mellores deportistas do ano 2008 nas categorías masculina e feminina.
Os candidatos deberán ser propostos polas distintas federacións e clubs da provincia que disporán de prazo ata o 19 de xaneiro para presentar no Rexistro Xeral da Deputación a documentación. Tal e como especifican as bases destes galardóns deberán axuntar unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese que ó seu criterio lles faga acredores destas disticións. Poderán ser propostos tanto persoas físicas como clubs.

O xurado cualificador estará integrado polo titular da Deputación, Rafael Louzán ou a persoa en quen delegue e actuarán como vogais nove representantes da prensa deportiva; seis deputados provinciais (tres do Partido Popular, dous do PSOE e un do BNG); un representante das federacións deportivas; e un membro do servizo de Deportes da institución.
O propio xurado terá tamén a facultade de propoñer nominacións. Será o encargado de seleccionar entre as candidaturas ós mellores deportistas masculino e feminino e, finalmente, designará un premio especial a unha entidade ou empresa que pola súa colaboración e axuda á promoción do deporte provincial sexa merecedor do mesmo.
A Gala do Deporte naceu co propósito de recoñecer o esforzo realizado polos deportistas da provincia nas categorías masculina e feminina; as empresas que teñan destacado de forma especial pola actividade realizada ó longo do ano en favor do deporte e ós clubs que máis éxitos acadados, ademais de conceder varias mencións especiais.
Na última Gala do Deporte foron nomeados como mellores deportistas David Cal; Fernando Echávarri, Antón Paz e Andrea Rica. Nesa edición tamén se lle concederon mencións espaciais a Marcial Romero, pola súa traxectoria no Judo, e postumamente a Fermín Álvarez pola súa traxectoria no billar. Finalmente, as empresas destacadas polo seu apoio ó deporte provincial foron Álfonso García López S.A. e Valery Karpin Group S.L.