15 enero 2009

Corina Porro tilda de auténticos irresponsables a Abel Caballero y Santi Domínguez y les acusa de andar a la captura de votos como único interés

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-A vicepresidenta provincial, Corina Porro, respondeu esta mañá á proposta do polideportivo de Navia que realizou o grupo local do BNG aclarando que “hai dous meses non había ningunha idea, a Deputación de Pontevedra presentou un proxecto que representaría un investimento de 15 millóns de euros e tanto o PSOE coma o BNG rexeitárono por ser un proxecto do PP”.
Neste senso, comentou a vicepresidenta, “tanto Santiago Domínguez como Abel Caballero amosan unha gran irresponsabilidade ó importarlles sómente o rédito electoral de vender os seus proxectos”.

Non obstante, engadiu, “non é o primeiro proxecto que se desbota por parte do goberno, nós seguimos a esperar que se concedan os terreos para o futuro centro de Coia, tan necesario, no lugar do antigo Colexio Alemán, para os que a Deputación destinará 2.700.000 euros”.
“Eu aplaudo que sigan na liña de humanizar a cidade, pero lles recordo que, cando estábamos no goberno, nos éramos os primeiros en favorecer e apoiar os proxectos recibidos por parte dos grupos da oposición, sen importar a cor política, porque o que se buscaba era o beneficio da cidade”.
Porro denunciou que “o proxecto que presentamos para Navia era clave para este barrio emerxente que acollerá a máis de 16.000 persoas, ó lado de zonas tan importantes como Coia, Bouzas ou Alcabre, ás que lles daría servizo tamén, e era un proxecto con recursos necesarios, con gardería, e ata piscina olímpica”.
A este respecto, engadiu a vicepresidenta, “pregúntome cómo pretende o bloque traer a Universiada sen as infraestruturas deportivas necesarias para desenvolvela”.
“Pero isto non é novo”, concluíu, “acabouse o diálogo, o talante do traballo conxunto. Non vou entrar en guerras por traballar por Vigo, seguirei a traballar polo interese da cidade, como vicepresidenta da Deputación, porque é o que debe importarnos”.