VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A deputada do BNG, Olalla Fernández Davila, ven de presentar unha iniciativa ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno que explique por qué aprobou unha “desproporcionada suba da peaxe da AP-9” para o presente ano.
Davila lembra que o Ministerio de Fomento aprobou o pasado 26 de decembro unha suba media do 4,4% na peaxe da Autopista do Atlántico, o dobre da previsión do IPC, “de tal xeito que o traxecto entre Vigo e A Coruña pasa a custar 12,50 €, 40 céntimos máis ca en 2008, unha cantidade que se pode incrementar até os 27€ nos camións máis pesados”.

A parlamentaria nacionalista denuncia que “esta suba claramente desproporcionada prexudica directamente a milleiros de economías familiares e de empresas que diariamente utilizan esta infraestrutura básica para Galiza”, sen que exista unha alternativa, xa que a N-550 “é en realidade unha travesía urbana, coa velocidade limitada na maior parte dos tramos a 50 quilómetros por hora”.
“Ademais –subliña- dáse a circunstancias de que a AP-9 é das autopistas de titularidade estatal que conta con menores bonificacións”.
Por último, Davila lembra que a suba aplicada “tampouco se xustifica polos criterios que utiliza o Ministerio de Fomento para actualizar as peaxes: IPC interanual, a antigüidade da concesión e a relación entre o tráfico previsto e o rexistrado”.