VIGO (MORRAZO-tribuna).- Golpe duro a los posicionamientos del Alcalde de Vigo. La Federación de Asociaciones de Vecinos "Eduardo Chao" se ha posicionado en la polémica de estos días, al lado de la Xunta (BNG). El manifiesto hecho público, es claro y concluyente. Pasen y lean...
A FAVEC apoia que a Consellaría de Vivenda exprese a súa intención de investir en Vigo.
Vigo necesita que se comece xa a construción de vivenda protexida.
Somos coñecedores da demanda que existe neste momento de vivenda protexida no noso concello. Unha necesidade que non pode agardar ao lento proceso de posta en marcha do PXOM vigués.
Levamos moito tempo agradando pola vivenda protexida en Vigo. Que neste momento a consellaría no lo poña tan fácil e inmediato é moi importante para o movemento veciñal.
Neste momento existe unha nova xeración de persoas dispostas a investir en vivenda protexida, e de non teren posibilidade de facelo en Vigo farano en calquera outro municipio.
Por outra parte, a crise da construción necesita de políticas de activación do emprego neste sector. Sobre todo nun ano inmediato como o 2009 que vai sentir a crise con maior forza e profundidade.
Polo tanto, apoiamos e urximos a consellaría de Vivenda a que comece o máis pronto posible a construír vivenda protexida en Vigo.
Somos conscientes tamén de que a cidade ten que dar cabida ea collida á gran demanda de persoas que queren formar parte dan nosa sociedade. É moi importante que ninguén teña que abandonar a cidade por falta de vivenda, mais tamén defendemos que ningún veciño teña que verse prexudicado polo crecemento de novas urbanizacións.
Somos unha cidade que está en plena expansión, pero iso é preciso levalo a cabo sen que ninguén se sinta prexudicado. Por iso son moi necesarias políticas de diálogo e consenso entre as administracións e a cidadanía que favorezan este desenvolvemento que tanto necesita a nosa cidade.