02 enero 2009

Davila dice a Fomento que es hora de poner un poco de orden y mejoras en la N-550 a su paso por Mos

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A deputada do BNG na Cámara Baixa, Olalla Fernández Davila, ven de presentar unha iniciativa na que lle esixe ao Ministerio de Fomento que mellore a seguridade viaria da estrada N-550 ao seu paso polo concello de Mos.

Davila denuncia o alto nivel de sinistralidade desta estrada motivada tanto polo mal estado do firme en diferentes tramos que van desde o punto quilométrico 148 ao 155, como pola falta de iluminación e de beirarrúas, “infraestruturas necesarias para mellorar a seguridade nunha vía de comunicación que, ademais dun elevado tránsito, tamén é lugar de paso para moitos transeúntes”.

Neste sentido, a deputada do BNG critica que as actuación levadas a cabo polo Ministerio de Fomento, despois de moitas demandas veciñais, “resultan insuficientes, xa que nos setes quilómetros mencionados aínda non se levou a cabo ningunha actuación”.

Ante esta situación, Olalla Fernández Davila pregúntalle ao Ministerio de Fomento se prevé realizar obras de acondicionamento e mellora da seguridade viaria entre os puntos quilométricos 148 e 155, e en concreto a mellora do firme, a iluminación deste tramo e a construción e beirarrúas.