COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- A nova viaxe á Habana que está a organizar a Consellería da Cultura constitúe, en opinión do PPdeG, "un insulto ao conxunto da sociedade nun momento no que centos de persoas se suman cada día en Galicia ás listas do paro mentres altos cargos do departamento se dispoñen a disfrutar dunhas novas vacacións pagadas no Caribe".
Manuel Ruiz Rivas, portavoz do Grupo Parlamentario Popular, esixe un posicionamento inmediato de Touriño e de Quintana, "despois dunha lexislatura na que a conselleira acabou “esgotada” montando chiringuitos como a Axencia de Industrias Culturais, contratando a dedo a empresas afíns ao BNG, ocultando información ao Parlamento e derrochando cartos de todos os contribuíntes en iniciativas tan dubidosamente edificantes como os mojitos e as suites de luxo do seu anterior viaxe á Habana".

O PPdeG calcula que, co presuposto coñecido ata o de agora, nesta nova edición, poderían viaxar a Cuba arredor de medio cento de persoas.
Lembran os populares galegos que os máis de 2 millóns de euros derrochados por Ánxela Bugallo na anterior viaxe ao Caribe cun séquito de preto de 250 persoas non supuxeron beneficio algún para as industrias culturais galegas. Datos do ICEX certifican que Cuba foi a gran beneficiada pola presenza galega na Feira do Libro da Habana. En 2008, Galicia converteuse no centro das vendas culturais de Cuba. Así, a illa caribeña situouse como o terceiro país que máis vendas culturais efectuou a Galicia, mentres que en 2007 ocupaba o posto 49.
ÍNDICE DE LECTURA EN REGRESIÓN
Mentres tanto, os índices de lectura manteñen unha caída sostida en Galicia desde a chegada do bipartito. Este hábito atópase en regresión en Galicia nos últimos anos, ata o punto de estar xa situada como a segunda comunidade na que menos se lee de toda España, segundo o barómetro elaborado pola Federación de Gremios de Editores, patrocinado polo Ministerio de Cultura.
Datos do ano 2007 revelan que tan só o 51,2% dos galegos son lectores habituais, entendendo como tales os que leen todos os días ou, polo menos, o fan 1 ou 2 días á semana; ese índice, no conxunto do Estado, estaba situado nun 56,9%. A diferenza é de 5,7 puntos. Tres anos antes, esa diferenza situábase en tan só 3 puntos.
Outro aspecto, referido tamén ao ano 2007, revela que, en Galicia, merca libros habitualmente menos do 39% da poboación, mentres que na media española ese índice aumenta ata situarse non 44,7%.