06 enero 2009

Víctor Pastoriza (Moaña) comienza el año con la misma transparencia con que terminó el 2008

MOAÑA (MORRAZO-tribuna).- El teniente de alcalde del concello de Moaña, el socialista Víctor Pastoriza, continúa con su trayectoria pública de transparencia y buenas formas que hemos elogiado aquí hace un tiempo. En este inicio de año ha hecho público un interesante balance sobre el estado del sector de aguas y saneamientos en el concello moañés. MORRAZO-tribuna publica a continuación las reflexiones del edil. Pulsen read more y lean al completo.

Balance 2008.
Area - Auga e Saneamento no Concello de Moaña.

No comezo do ano 2009 quero aproveitar para facer balance das actuacións que se levaron a cabo na area de Auga e Saneamento.

Abastecemento de auga.
Esta en execución, por parte de Augas de Galicia- Consellería de Medio Ambiente, a importante obra de abastecemento de auga para Broullon e Piñeiro, nunhas obras con presuposto aprox de 1 millon de € , que se incrementaran coas partidas necesarias para a construcción dos 2 depositos reguladores de almacenamento. Esperamos que esta obra se remate no primeiro trimestre de ano, para comezar de inmediato a obra de distribución e que a rede este operativa no veran.

Completouse a tramitación no Concello de Moaña, do proxecto para a construcción da segunda tubaria de abastecemento de auga o Morrazo. Con un custo aproximado de 7,3 millons de € a Xunta construira unha segunda tubaria que arrancara dende Vista o Mar en Vigo, cruzara a cidade ata os muelles de Vigo e atravesara a ría ata os muelles do Con. Dende ali partira cara Trigas por un recorrido diferente o da tubaria actual. E un proxecto costoso e de larga tramitación, que implica a varias administracións.

No tocante as incidencias na rede, destacar a avaria producida na baixante do deposito da Ameixoada, nos accesos o campo de futbol do Casal, no talude do corredor. Nesta incidencia a concesión actuou con rapidez repoñendo o servizo en 6 horas.
Tamen quero destacar as incidencias na rede no entorno da PO313 (Porta do Almacen, Quintela, Sabaceda). Directamente imputables o estado da rede e os cambios de presion necearios para o abastecemento de auga na zona de Tiran, sobre todo no vran. Esperamos poder acometer no vindeiro ano a reforma deste tramo de rede de aproximadamente 1 Km.

Rede de Saneamento.
Esta en execución, nunha obra que recoñezo se alarga en exceso a conexión o saneamento das vivendas de Carballido e San Lourenzo (unhas 100 vivendas). Obra que se prolonga dende o ano 2007, que sufriu xa varias modificacións para mellorar a rede en xeral e as cargas que soporta a rede de Domaio, e que superou xa as dificultades que supuso desviar a rede da vía pública a terreos propiedade da CCMM de Domaio, despois de asinar un convenio coa Xunta Directiva da CCMM. ESta obra esta incluida no plan de inversións da concesión.

Esta en execución, coincidindo con todas as obras que se estan a levar a cabo no entorno do campo de futbol de O Casal a conexión as vivendas da Regueira e O Cantiño, que levara o servizo a 15 vivendas e a propia instalación deportiva. Esperamos que no primeiro trimestre do ano queden rematadas.

Esta en licitación a obra de Saneamento para as vivendas de Fontes en Tiran (18 vivendas), para o entorno de Igrexario (14 vivendas), para o barrio de Pontella (10 vivendas) e para a mellora de rede no tramo que queda pendente entre Caiagua e Porta do Sol. Xa hai proposta de adxudicación e esperamos que sexa tamen de execución inmediata, con un custe de 200.000 €.

A partir de aqui, reafirmo como obxetivo para a lexislatura a dotación do servizo a 10 vivendas no entorno da Cerradiña en Domaio, 15 vivendas en 3 actuacións en Broullon, 25 vivendas en Costa Grande, 8 vivendas en Bronlle, 8 vivendas no entorno de Escobar e 6 vivendas no entorno de A Fraga. Todas elas de complicada e costosa execución.

Afortunadamente non hai que destacar graves incidencias na rede e nas estacións de bombeo, na cal se estan levando a cabo as labores de limpeza e mantemento que consideramos necesarias.

Depuración.
Quero manifestar a miña razonable satisfacción polo funcionamento da EDAR. Esperamos o largo da lexislatura acometer a cubrición do tanque de entrada de augas na estación depuradora de augas residuais, que parece concentra os maiores cheiros de toda a instalación. O presuposto de esta actuación supera os 250.000 €. Espero contar coa necesaria colaboración da administración autonómica para levar a cabo esta importante actuación.

VICTOR PASTORIZA, tenente de alcalde do Concello de Moaña.