17 enero 2009

Moaña : Pastoriza desbloquea
asuntos educativos en Pontevedra


MOAÑA (MORRAZO-tribuna).- Na fin de semana, o tenente de alcalde de Moaña, Víctor Pastoriza, entrevistouse co Delegado de Educación , Jose Amador Cristobal na sede da Delegación de Educación en Pontevedra. No transcurso da mesma abordaron as inversións que o seu departamento ten encamiñadas para este curso escolar nos centros públicos do Concello de Moaña.

"O Delegado confirmoume que a mediados do mes de febreiro, darán comezo as obras de instalación do ascensor no CEIP de Reibón, unha vez que a Xunta de Goberno do pasado luns otorgou a necesaria licenza municipal a esta importante obra que dotará de total accesibilidade a este centro escolar. O concello está agora mesmo acometendo obras de accesibilidade o ximnasio, coa construcción dunha rampa", explicaría Pastoriza á saída da reunión.

Da entrevista resultaría acordo tamén, de modo que a delegación vai acometer a obra de construcción dos peches perimetrales dos centros de Reibon e Seara que presentan -en xeral- un mal estado. A previsión que manexan e que a obra se poida rematar no verán deste mesmo ano. A actuación supera os 100.000 €, e daralle xunto co remate das obras que Costas do estado acomete no fronte litoral de Meira un aspecto bastante diferente e totalmente renovado a toda esa zona de Moaña.

"Trasladeille a petición -que estudiará con detenimento e intentara atender-, da necesidade de pintar todo o exterior do centro de Seara e a parte posterior do Centro de Reibon. A Delegación xa manexa orzamentos superiores os 50.000 € para esta actuación. En relación coa pequena polemica dos ultimos dias -nos medios- o respecto do escrito que dirixiu os colexios e referido o destino que o concello sinalará para os fondos do "plan Zapatero", o Delegado trasladoume que é unicamente un recordatorio do que contempla o propio decreto, por suposto non é un intento de escapar das responsabilidades da Conselleria no que respecta as obras nos centros.
O que si é certo e que no interior dos recintos dos colexiós e nos seus patios levase a cabo unha intensa actividade civica, deportiva e social allea -en moitos casos- a propia actividade educativa" sinalou finalmente V.Pastoriza.