VIGO (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou hoxe o papel estratéxico do Porto de Vigo para gañar competitividade económica en toda a comunidade e como elemento fundamental para continuar “o diálogo entre a cidade e o mar” abrindo espazos para a convivencia cidadá. Pérez Touriño ratificou, ademais, o compromiso do Executivo que preside coa construción dos túneles de Beiramar e Guixar. Así o asegurou este mediodía o presidente da Xunta que, coa conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride; o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Paz; o alcalde Vigo, Abel Caballero; a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino; e o Delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, visitou a recentemente remodelada Estación Marítima Alberto Durán Nuñéz do Porto de Vigo.
Na súa intervención, o presidente galego lembrou que o porto de Vigo mobiliza máis de 5 millóns de toneladas e máis de 30 millóns no que se refire a volume de negocio. “É, sen dúbida, o porto pesqueiro mundial de referencia, o principal porto de referencia na construción naval civil en Europa, un porto vital e decisivo no mercado dos cruceiros, xa o terceiro; e o cuarto en canto a contedores”, aseverou Pérez Touriño subliñando que “o máis importante é que aspira a seguir séndoo”.
O titular do Goberno galego referiuse á estratexia decisiva deste porto do sur de Galicia para gañar competitividade económica en toda a Comunidade Autónoma. Algo para o que Pérez Touriño destacou que é necesario gañar en espazos, liñas de atraque e acometer remodelacións e ampliacións dos espazos portuarios. O xefe do Goberno galego tamén insistiu en que “as cidades que gañan un futuro son as que son capaces de prolongar, con vocación de modernidade, a orixe da propia cidade”. Por iso, resaltou a importancia de “impulsar o diálogo entre a cidade e o mar. “Na potencia da relación entre mar e cidade sairá o mellor presente e futuro para este gran pulmón económico, cultural, político e industrial de Galicia que se chama Vigo”, abondou.
Túnel de Beiramar e de Guixar
A ese respecto, o máximo mandatario autonómico destacou o compromiso da Xunta de Galicia con dous proxectos “moi potentes e importantes” para acometer “unha transformación histórica ao diálogo no borde marítimo entre a cidade e o mar”. Por unha banda, o túnel de Beiramar, “que temos en proxecto e que poremos en marcha coa implicación e colaboración da cidade, de Zona Franca, e da Autoridade Portuaria, traballando con rumbo firme para facer esa gran actuación, que desde a rúa da Coruña ata o Berbés abrirá un novo espazo vital e decisivo, para que este espazo sexa unha realidade, para humanizar, para reurbanizar, e para dar potencia a esta relación”.
Cara ao outro lado, referiuse á construción do túnel de Guixar, enmarcado dentro do proxecto da Cidade do Mar, que, segundo sinalou, “permitirá abrir e gañar espazos en torno ao barro de Teis”. O presidente galego cualificou esta operación como “de gran calado” e destacou que permitirá “articular reticularmente cun trazo fino e intelixente todo ese diálogo co que estamos comprometidos todos os que temos responsabilidades”.
O Vigo da accesibilidade e do solo industrial
O titular do Goberno galego subliñou ademais que se está a realizar unha importante aposta por mellorar a accesibilidade e a mobilidade de Vigo e da súa área de influencia. Así mesmo, incidiu en que nun horizonte próximo se superarán as limitacións históricas en materia de solo industrial, ao poñerse en marcha a Plataforma Loxística Intermodal Salvaterra-As Neves, que conta cun investimento público-privado que ascende aos 700 millóns de euros. Pérez Touriño cualificou este proxecto como “a maior aposta estratéxica de toda a Comunidade en solo industrial, ao contar con 4,2 millóns de metros cadrados”.
O presidente galego subliñou a transcendencia da PLISAN para o desenvolvemento económico de Galicia e avanzou que neste mesmo ano xa comezarán operar empresas nesta plataforma. A este respecto insistiu en que se trata “do maior movemento de terra de toda Galicia” e lembrou que xa están executados máis de 82 millóns de euros.
Na súa intervención, o xefe do Goberno galego resaltou que a esta superficie de solo industrial haberá que sumarlle outras actuacións en marcha nos concellos de Mos, Redondela, Tomiño e Ponteareas, que permitirán mobilizar na área de Vigo preto de 18 millóns de metros cadrados de solo empresarial que estarán totalmente materializados no horizonte do ano 2015.
Equipamentos estratéxicos para a cidade
O titular do Executivo autonómico repasou os equipamentos estratéxicos que o Goberno galego está a impulsar na área de Vigo, como a depuración integral da ría, facendo referencia á nova depuradora, cuxo proxecto se presentou hai un par de meses e que vai supor un investimento de 234 millóns de euros. “No primeiro trimestre deste ano”, avanzou, “licitarase o proxecto e esperamos que este ano comecen as obras”.
Ademais do novo Auditorio de Vigo, no que a Xunta inviste case 19 millóns de euros, e da nova Escola Superior de Arte Dramática, Touriño fixo mención ao proxecto do novo hospital de Vigo, “que vai ser a infraestrutura sanitaria máis moderna do país”, con preto de 1.500 camas e que vai supor un investimento de 370 millóns de euros.
De igual xeito, referiuse á importancia que terá a Autopista do Mar, “unha aposta fundamental que vai saír adiante e espero que en breve –sinalou Touriño-, para reducir custes de transporte e na loxística que son determinantes na competitividade futura do sector da automoción, e de maneira moi particular –subliñou-, na empresa matriz do Clúster do Automóbil, PSA-Peugeot Citroën”. Esa operación, unida ás melloras do porto, “débenos permitir gañar en competitividade”, aseverou.
Compromiso coa chegada do AVE a Vigo para unilo coa Meseta e con Portugal
O titular da Xunta quixo tamén reafirmar o seu “compromiso coa chegada do AVE a Vigo, tanto no que nos unirá coa Meseta, no ano 2012, como o que nos unirá con Portugal, en 2013”. Nese sentido, Touriño apuntou que nos últimos días tivo ocasión de reunirse co primeiro ministro portugués, José Sócrates, quen lle ratificou o compromiso de que o tren de alta velocidade entre Vigo e Porto estará operativo en 2013.
O xefe do Executivo autonómico subliñou a importancia do AVE e matizou que sería un proxecto que “quedaría coxo” sen a conexión en alta velocidade entre Vigo e Porto e se non se conseguise que o Goberno español e o luso lle desen “a mesma prioridade e impulso que ao tren de alta velocidade Lisboa-Madrid”.