15 enero 2009

Pesca aclara el proceso de ayudas
a la costera del bocarte

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos quere aclarar que os pagos das axudas por paralización temporal aos tripulantes de buques pesqueiros que faenan na costeira do bocarte corresponden ao Goberno Central, tal e como queda reflectido na Orde publicada no Boletín Oficial del Estado o pasado 3 de decembro pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria destas indemnizacións, que ascenden a 45 euros por día de parada, tal e como estipula a normativa comunitaria.

Pola súa banda, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos publicou o pasado 30 de setembro unha Orde con data do 24 do mesmo mes pola que se establecen as bases para a concesión de axudas aos armadores ou propietarios con buques con porto base en Galicia como consecuencia da devandita parada. Segundo a normativa, estas axudas outórganse polos amarres realizados entre o 25 de abril e o 30 de outubro de 2008, ata un máximo de 40 días. Xustamente hoxe a Dirección Xeral de Estruturas e Mercados da Pesca dilixenciou os últimos expedientes ao abeiro desta Orde de axudas, tras recibir toda a documentación dos solicitantes.

Para esta medida, a Administración pesqueira galega destinou un total de 790.000 euros con cargo os Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, que serán cofinanciados polo Fondo Europeo de Pesca. De cara á xestión destas axudas, a Federación Galega de Confrarías actuou como entidade colaboradora e foi a encargada de remitir as solicitudes, así como de comprobar e acreditar o cumprimento das condicións e requisitos necesarios para o seu pago.

Da convocatoria posta en marcha pola Consellería de Pesca benefícianse armadores ou propietarios de buques con porto base en Galicia inscritos no Censo da Frota Pesqueira Operativa , que pertencen á modalidade de cerco Cantábrico Noroeste e que estiveron autorizados a pescar na costeira do bocarte entre o 1 de abril e o 30 de xuño do 2008. Ademáis, e para acceder as indemnizacións, é preciso que estas embarcacións traballaran con arte de cerco entre 2006 e 2007 e deberon cesar a súa actividade pesqueira entre o 25 de abril e o 30 de outubro.

A contía das subvencións de Pesca, que poden oscilar entre os 11.000 e os 15.000 euros por armador, determínase en cada caso en función dos días que paren os buques, que en ningún caso puideron superar os 40.

No caso dos tripulantes, lles corresponden, como vén estipulado pola Unión Europea nas paralizacións temporais, unhas axudas de 45 euros por día de parada, que son cofinanciadas polo Estado e o Fondo Europeo da Pesca. Esta subvención pode ascender ata os 1.800 euros no caso do que armador tivese parado a súa embarcación o tope permitido de 40 días. A cantidade que perciben os tripulantes da costeira do bocarte é a mesma que reciben por cualquier parada todos os tripulantes enrolados en barcos da frota pesqueira española.