03 enero 2009

Santalices asegura que la Xunta cierra el 2008 con las peores listas de espera de España

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- Para o voceiro de Sanidade do PPdeG, Miguel Santalices Vieira, a situación que está a vivir a Sanidade galega, "froito do fracaso na xestión do goberno bipartito da Xunta de Galicia", leva a considerar que, por segundo ano consecutivo, “pechamos 2008 coas peores listas de espera de España”. Esta situación xa foi posta de manifesto recentemente pola asociación Defensor do Paciente que nos sitúa como a Comunidade coas peores listas de espera de España.
Este informe fai referencia ao "profundo colapso que rixe o sistema sanitario galego, a falta de inversión nos hospitais e a falta de persoal, alcanzando o deterioro a sanidade pública galega unhas cotas insostibles". Para Miguel Santalices esto é un anticipo do que pode manifestar o próximo Barómetro sanitario, que informará da situación no 2008 por Comunidades Autónomas, e que “por segundo ano consecutivo nos situará nos peores postos de todo o Estado”.

Para o voceiro de Sanidade o “estrepitoso fracaso na xestión sanitaria do bipartito da Xunta de Galicia tradúcese en 330.000 pacientes en listas de espera aos que hai que engadir os pacientes que están pendentes de proba diagnóstica e “a situación é mais grave todavía xa que non se poden contabilizar os que están pendentes pero non entran nas listas de espera por estar as axendas pechadas”. Miguel Santalices recordou situacións como as de espera de dous anos para unha mamografía ou un ano para un ecocardiograma, que revelan a total manipulación da Xunta no recoñecemento de prazos para probas diagnósticas.

COLAPSO NOS HOSPITAIS

O PPdeG denuncia que o a situación actual de colapso nos hospitais evidencia o fracaso na atención primaria e son froito da política de supresión de consultorías e de centros de saúde practicada polo goberno bipartito. Así puxo como exemplo o peche de moitas consultorías os sábados pola mañá e que tiveron como consecuencia unha presión nas urxencias hospitalarias. “E esperemos que os Puntos de Atención Continuada non sigan polo mesmo camiño como xa teñen manifestado responsables sanitarios” indicou Miguel Santalices.

“HOLDINGS EMPRESARIAIS”

Miguel Santalices critica que ante o deterioro da sanidade pública galega a Conselleira de Sanidade “adicouse nestes catro anos exclusivamente a montar holdings empresariais como o de Galaria para a explotación das infraestruturas sanitarias e con capacidade para crear outras empresas sen obter resultados positivos para a nosa sanidade”.

O voceiro de Sanidade criticou o dobre discurso da Conselleira que se compromete a integrar todas as unidades asistenciais ao Servizo Galego de Saúde e logo crea unha empresa pública que xa está a incorrer en casos de trato de favor por adxudicacións a empresas vinculadas con persoal do equipo directivo de Sanidade.

“Este é o resultado da nefasta xestión sanitaria que non só non fai senón que paraliza plans directores, como os do hospitais de Ourense e Pontevedra, ou fan anuncios pero non presupostan o necesario para as infraestruturas como é o caso no novo Hospital de Vigo que non comezará no 2009” indicou Miguel Santalices.

Así mesmo o voceiro de Sanidade criticou o “afan propagandístico” da actual Xunta xa que presentou “en numerosas ocasións” o Plan de atención integral á Muller “pero as listas de espera para consulta externa en Ginecoloxía en Galicia son as mais altas de España”.