14 enero 2009

Tamén neste ano, Deputación leva
mais de mil rapaces á neve

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Xunta de Goberno da Deputación acordou hoxe adxudicarlle a Viajes Marsáns S.A. a contratación da xestión, organización e prestación dun viaxe á estación de esquí de San Isidro para os estudantes de 1º, 2º e 3º da Eso dentro do programa Semana Blanca impulsado pola institución. A Deputación destinará a esta iniciativa 95.000 euros.
Segundo explicou hoxe o presidente, Rafael Louzán, este programa ten unha gran acollida entre os destinatarios, de feito, en principio vai dirixido a 1.000 rapaces pero a día de hoxe xa foron presentadas 1.500 solicitudes sen embargo “tentaremos atender todas as peticións”, concluíu Louzán.

O programa consiste nunha estanza de cinco días na estación de esquí de San Isidro, na provincia de León. O custe do mesmo ascende a 290 euros dos cales a institución provincial asumirá unha cantidade de 95 euros por escolar. O resto do custe da viaxe correrá a cargo dos beneficiarios (160 euros) e do concello ( 35 euros no caso de que se adhira).

Neste prezo va incluído o desprazamento en autobús, o aloxamento en réxime de pensión completa, clases de esquí durante os cinco días cos mestres da Escola Española de Esquí, o aluguer do material, monitores de tempo libre que estarán cos nenos e nenas as 24 horas do día, actividades e visitas para o tempo de lecer, un diploma acreditativo, seguro de viaxe e das pistas, etc...