14 enero 2009

VIGO : el BNG pone en evidencia a Abel Caballero y condena la actitud del PP sobre la reforma de la avenida de Madrid

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Un texto hecho público por el BNG de Vigo, esta misma tarde, no deja títere con cabeza, sobre el eterno y polémico asunto de la reforma de la avenida de Madrid. No hay más que adentrarse en el párrafo inicial para saber por donde van los tiros : "O Bloque Nacionalista Galego lembra que o proxecto de remodelación da Avenida de Madrid foi iniciado no ano 2002 cun alcalde nacionalista na cidade e foi posteriormente abandoado polo goberno municipal do Partido Popular. Asemade, o BNG congratúlase de que o deseño e traballo que fixo nas negociación previas coa demarcación de estradas estea dando os seus froitos e por fin sexamos capaces de ver desconxestionada a entrada na nosa cidade. E curioso ver como o alcalde de Vigo define unha obra deseñada no seu día polo actual presidente da Xunta, cando era secretario xeral de infraestruturas, coma campo de concentración, nun claro exercicio de desmemoria. Debemos lembrar que foi un alcalde do BNG quen, no ano 1999, diante de tal despropósito, comezou as xestións para buscarlle a solución acaída".

"No ano 2002 concrétanse as negociacións, baixo o mandato do alcalde nacionalista da cidade, e vendo os problemas que presenta a actual avenida de Madrid, iníciase o proceso de estudo de posibles solucións. Definindo as mesmas baixo a demanda de que, diante do trazado da ronda, que pasará pola zona do seminario dende Sárdoma á Avenida de Madrid Vella, é preciso que Fomento faga a conexión da futura Ronda coa A-55 no Seminario e no Gandarón, determinando posteriormente se vai ser inferior ou superior dita conexión.
Ademais advírtese que a conexión do Aeroporto coa autovía a A 57 está actualmente e fase de proxecto. E tamén se demanda que dende a N 555 é preciso facer a saída da AP9 (no IFEVI) para evitar os atrancos diarios que sofren tanto traballadores e traballadoras coma usuarios do aeroporto.
Finalmente, dende o BNG temos que lembrarlle ao actual alcalde de Vigo que o PXOM aprobado polo pleno do Concello de Vigo inclúe o informe vinculante de Fomento que parte dende Puxeiros.
Non estaría de máis que o alcalde fixera mención aos traballos iniciados, xa que como el debería saber, as infraestruturas son produto de moitos traballos e informes previos", explica o BNG de Vigo.