 PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra celebrará nesta fin de semana no Pazo de Cultura a oitava edición do Certame Provincial de Bandas de Música que contará coa presenza de 21 agrupacións e de máis dun milleiro de intérpretes que tocarán en catro categorías distintas. A contía dos premios ascenderá a 24.000 euros.
PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra celebrará nesta fin de semana no Pazo de Cultura a oitava edición do Certame Provincial de Bandas de Música que contará coa presenza de 21 agrupacións e de máis dun milleiro de intérpretes que tocarán en catro categorías distintas. A contía dos premios ascenderá a 24.000 euros.As bandas de música inscritas interpretarán como obras obrigadas pezas dos seguintes autores: na sección especial “Dutika Mere” de Julio Montero; na sección primeira “Variacións Sinfónicas para Nenos” de José Luis Represas; na sección segunda “Pontus Veteris” de Ángel Montes; e na sección terceira “Os Sons do camiño” de García Hurtado.
Ó remate de cada xornada terá lugar unha actuación musical a cargo de diferentes grupos musicais recoñecidos como por exemplo a Banda de Música de Salcedo que ven de recibir o primeiro premio no concurso internacional de bandas de Valencia e o Grupo de Metais de Galicia.
Este sábado 4 de outubro tocaralle ás seccións primeira e segunda. Na segunda tocarán a partir das 16.00 horas a Banda de Música Municipal de Agolada; a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia; a Banda de Música Popular de Tui; a Banda Xuvenil de Xinzo; a Agrupación Belesar; a Banda de Torroso; e a Banda de Música Municipal de Caldas.
Na sección primeira as agrupacións participantes serán a Agrupación Musical de Vincios; a Banda de Música de Catoira; a Banda de Música de Valga; a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, e a Asociación Cultural Unión Musical de Puenteledesma. Pechará as actuacións a Banda de Música de Pontevedra como agrupación invitada.
Finalmente, o 5 de outubro, domingo, tocaralle o turno á Sección Especial que comezará a partir das 17.00 horas. Tocarán a Unión Musical de Valladares; a Banda de Música de Merza e a Banda de Música de Lalín. O concerto de Clausura correrá a cargo do Grupo Moderno de Metais.
O xurado estará presidido polo vicepresidente, José Juan Durán Hermida, e actuarán como vocais Pablo Sánchez Torrella, director da Banda de Música Municipal de Valencia; Juan Foriscot Riba, subdirector da Banda Sinfónica Municipal de Madrid; Ferrer Ferrán compositor; Felipe Neri Gil Marrero, director da Banda de Música Municipal de Sta. Cruz de Tenerife; e Xosé Carlos Seráns Olveira, director da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares. Actuará como secretario xefe do Servizo de Cultura da Deputación, Antonio Santos Guerra.
Compre destacar que entidades como a Fundación Caixagalicia e Musical Pontevedra colaboran economicamente co certame.
 
 
