03 octubre 2008

Este domingo, en Santiago, a Asemblea
Nacional Extraordinaria do BNG

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Bloque Nacionalista Galego celebra este domingo a súa Asemblea Nacional Extraordinaria na que se escollerá o candidato do BNG á presidencia da Xunta. A única precandidatura é a do portavoz nacional, Anxo Quintana.
Día: 5 Outubro.
Hora: 10.30 horas.
Lugar: Santiago. Palacio de Congresos –San Lázaro-.
A orde do día da Asemblea inclúe tres actos abertos aos medios de comunicación :
-Ás 11.00, o coordenador executivo, Francisco Jorquera pronuncia o discurso de apertura.
-Ás 13.15, o candidato, Anxo Quintana, presenta a súa candidatura no pleno da Asemblea.
-Ás 18.00 horas terá lugar a clausura