MADRID (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, criticou este mediodía a posición mantida polo PSOE na primeira xunta da Subcomisión de estudo para a reforma eleitoral. “Preocúpannos as opinións manifestadas polos portavoces do PSOE porque queren abordar a totalidade da lei en vez de atender primeiro as cuestións puntuais e máis urxentes como é a reforma do voto emigrante”.
Para o BNG a reforma do voto CERA é urxente
O deputado do BNG fixo estas declaracións aos medios de comunicación ao remate da reunión no Congreso. Engadiu que “non se poden supeditar as reformas puntuais e urxentes ás modificacións de maior calado da lei eleitoral. Desde logo, se ese é o xogo non vai contar coa complicidade do BNG porque imos traballar para que se traten primeiro os aspeitos urxentes”.
Nese sentido, subliñou que “nós manifestamos nesta primeira reunión que as reformas puntuais que non afectan ao fondo da LOREX, como a necesidade de reformar o voto emigrante para que poidan votar en urna, non se poden subsumir en horizontes lonxanos de reforma da totalidade da lei”.
Recalcou a urxencia que, sobre todo para Galiza, ten esta reforma puntual.
Salientou a preocupación do BNG polas opinións realizadas por portavoces socialistas na Subcomisión xa que “non comparten este plantexamento e sosteñen que a modificación eleitoral se debe afrontar na súa totalidade”.
Non vale o dito de cambiar todo para que todo siga igual
“Se o PSOE se mantén nesa posición dará por bón o dito de cambiar todo para que todo siga igual. É dicer, facer ver que se quer cambiar todo para deste xeito conseguer que non se cambie nada”, enfatizou.
“Subsumir calquer reforma puntual nunha reforma global que afecte mesmo á reforma da Constitución como a modificación da composición e método de elección do Senado, significa adiar a reforma do voto CERA até “as calendas gregas”, poir calquer reforma que atinxa á Constitución será pola súa complexidade moi prolongada no tempo. O BNG está disposto a estudar reformas que afecten ao fondo do sistema, pero hai que diferenciar tempos e separar estas reformas de modificacións puntuais e urxentes como as que defende o Parlamento galego”.
Prazo de quince días para presentar un informe
Na xunta de hoxe da Subcomisión de estudo para a reforma da LOREX tratáronse aspeitos relacionados co calendario de traballo e acordouse que nun prazo de quince días cada forza política aportaría un informe co índice dos aspeitos a abordar.