PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa, informou ó remate da comisión técnica de seguimento das obras de Pasarón celebrada hai unhas horas que se lle facilitará un local a Protección Civil para deixar libre preferencia de cara ó 20 de outubro.
A continuación, o 3 de novembro darán inicio os traballos de derrubo da grada de preferencia, que durarán un mes aproximadamente. Unha vez executada a demolición darán inicio a construción da nova estrutura. Segundo informou Pedrosa, durante os traballos de demolición da grada actual de preferencia será necesario cortar a rúa que bordea esta parte do estadio que xa está coordinada coa policía local.
Finalmente, Teresa Pedrosa afirmou que as gradas norte, sur e tribuna quedarán perfectamente rematadas e entregadas en breve, tralo remate de pequenos flecos pendentes que se acometerán durante os vindeiros días.