SANTIAGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, declarou hoxe, en relación ás unidades de policía adscritas ás Comunidades Autónomas, que a unidade de España e a coherencia e a cohesión das súas institucións non é contraditorio co desenvolvemento de modelos de xestión que faciliten que os poderes territoriais teñan os mecanismos organizativos necesarios para facer posible o exercicio das competencias que a Constitución lles outorga. Así o dixo esta mañá en Santiago durante o acto de entrega de condecoracións con motivo da festividade dos patróns da Policía, os Anxos Custodios.
Ademais, o titular de presidencia lembrou que hai 17 anos que se crearon en España as unidades de policía adscritas ás Comunidades Autónomas e cunha estrutura que, actualmente, “funciona satisfactoriamente”, pero que “non acadou o seu pleno desenvolvemento”. Méndez Romeu explicou que estas unidades pretendían ser “unha resposta alternativa a un modelo de substitución” que non atendía “ás necesidades de seguridade de España” e que “obedecía a uns intereses distintos”.
O conselleiro lamentou que un cuarto de século despois do desenvolvemento da Lei de Forzas e Corpos de Seguridade non se avanzase a “un modelo máis moderno” e asegurou que é unha cuestión na que hai que “afondar”. Neste sentido, anunciou que se están mantendo conversas entre distintos Gobernos territoriais e o Ministerio do Interior para tentar avanzar “nunha situación que xa dura demasiado tempo” e a cal podería –segundo Méndez Romeu- ir cara a dous modelos distintos: un desenvolvemento máis amplo das funcións das unidades de policía adscrita ou a creación de corpos semellantes ás unidades adscritas, pero con competencias especializadas e non de substitución co fin de garantir que a Comunidade Autónoma, no ámbito das súas competencias, teña suficientes mecanismos para facer cumprir a normativa da que dispón. “É un debate moi importante”, que se vai a dar nos próximos anos na sociedade española e do que agardamos unha “solución moderna e satisfactoria”, engadiu o conselleiro.
Doutra banda, Méndez Romeu sinalou que existe “unha distancia apreciable que se debe acurtar para homologar os aspectos retributivos e de carreira profesional e, con iso, posibilitar que ás novas promocións se incorporen as persoas con máis inquietudes e ambición profesional porque iso redunda na mellor cualificación”.
Recoñecemento da labor policial
O titular de presidencia subliñou o “excelente traballo” do Corpo Nacional de Policía en España, xunto con outros corpos policiais, o que redunda –segundo dixo- nunhas taxas de seguridade “extraordinarias” tanto en Galicia en comparación coa media do estado como en España en relación coa media da Unión Europea grazas ao labor “sacrificado” e “permanente” dos corpos policiais.
Segundo o conselleiro, as forzas policiais, en especial o Corpo Nacional de Policía, “teñen pagado un gran tributo en sacrificio de vidas humanas” ao longo dos anos da democracia. “Todos os que eran conscientes do que significaba o sacrificio da convivencia cotiá sempre tiveron como obxectivo da súa tarefa criminal aos membros das forzas de seguridade na convicción de que romper a convivencia debía comezar facendo imposible o traballo diario dos membros das forzas de seguridade”, engadiu. “De aí as razóns polas que os cidadáns de toda España manteñen un vivo afecto polos membros dos corpos policiais”, afirmou Méndez Romeu.
Ademais, o conselleiro declarou que a Festa dos Anxos Custodios “representa dous valores que distinguen aos corpos policiais: o da seguridade ou custodia e o da invisibilidade”. “A protección non sempre é un labor en si, senón que con frecuencia adoita ser un labor de prevención silencioso que non se ve” e que fai posible que todos os cidadáns poidan gozar dos seus dereitos e exercitar as súas liberdades, explicou.