
O Nobel de Literatura do ano 2000 manifestouse “impresionado” pola cultura riqueza da cultura galega “que é particular e moi rica”, especialmente polo feito da existencia dun idioma propio. Neste senso Gao Xinjiang entende que “os idiomas como o galego ou os dialectos dun determinado lugar (en China hai moitos dialectos) teñen palabras e expresións que se empregaban na antiguidade e que permanecen vivas hoxe gracias ós mesmos”. Neste senso comentou que sempre pide que as obras de teatro que escribe sexan traducidas no dialecto do lugar no que se representan.
Despóis de asinar no libro de honor da Deputación, Xinjiang comento que “coñecín a España con 12 anos a través do Quixote” e dende ese momento “España estivo preto de mín aínda que non sabía que este país era tan rico dende o punto de vista cultural”.
Finalmente Xinjiang considerou que a presenza de creadores de tantas nacionalidades en Galicia e hoxe no Pazo Provincial “é unha evidencia de que este pais acolle as culturas de todo o mundo é unha rexión aberta á creación contemporánea literaria o que considero fascinante”.
Esta recepción, xunto coa recente de Álvaro Mutis responden a un plan da Deputación para achegar á provincia e a colectivos e entidades culturais da provincia relevantes figuras e personalidades do mundo da cultura e da Literatura. Segundo manifestou Louzán manifestou “a presenza de Xinjiang é un estímulo para a labor que desenvolve esta instititución pola defensa das liverdades e do traballo que se fai a través d apalabra coas centenares de libros que a institución publica cada ano”.
Louzán recordou a súa recente viaxe a Pekín con motivo dos xogos olímpicos “na que puiden coñecer as grandes contrastes deste país” e, neste senso, manifestou o seu recoñecemento hacia Gao Xinjiang pola súa “defensa das liberdades” a través do seu traballo.
Luis Tosar pola súa banda destacou que a Deputación “é un verdadeiro palacio de cultura” polo que pasaron pintores da categoría de Laxeiro entre ouros moitos escritores que foron subvencionados para que puidesen exercer a súa arte, ou oficio. Neste senso, Tosar quixo destacar a colaboración e preocupación da Deputación “porque ás veces non todos os responsables políticos responden da maneira que responte Pontevedra á chamada do Pen Club”.
Comentou que o traballo do escritor é “silencioso, que esixe unha dedicación plena diante dunha folla en blanco para poder trasladar realidades pensamentos”. Neste senso, afirmou que “para nos que colegas nosos de todo o mundo saiban que existe un lugar chamado Galicia cunha situción xeográfica privilexiada e afrotunado pola súa cultura”.
“Se seguimos sendo galegos é por obra e gracia da nosa lingua porque nós traballamos con esas palabras que ó final son as mesmas coas que traballan os nosos amigos e compañeiros de todo o mundo e isto foi o que motivou a organización da bienal literaria, dixo Tosar.
Gao Xinjiang
Gao Xinjiang naceu en China en 1940. É Licenciado en Lingua Francesa e traballou como traductor no seu país. Hoxe vive exiliado en París e mantén relacións distantes con China e próximas con amigos seus, que siguen alí. A partir de 1979, empezou a publicar relatos curtos en revistas literarias chinesas e a representar as súas obras dramáticas no Teatro Popular de Beijing. A de máis éxito foi “A estación de autobuses” (1982).
En 1981, a súa obra “Primeiro ensaio sobre as técnicas da novela moderna” orixinou en China unha violenta polémica sobre o modernismo. A denominada campaña contra a contaminación intelectual, emprendida polo réxime chinés a mediados dos oitenta, causoulle problemas coa censura, e en 1986, a representación das súas obras foi prohibida. Ó ano seguinte marchou a Francia, onde vive ata hoxe e onde escribeu a novela mestra “A montaña da alma”.