REDONDELA (MORRAZO-tribuna).- Fai un ano que o alcalde lles prometeu unha sala propia na Casa Consistorial, pero o compromiso segue sen cumprirse. O Partido Popular de Redondela denuncia que tras promesas reiteradas por parte do alcalde, Xaime Rei, de habilitar un local para os grupos políticos da Corporación Municipal, estes seguen sen dispoñer dese espacio.
A voceira dos populares redondeláns, Francisca Canal, informou hoxe de que "Rei comprometérase a rehabilitar a Casa Consistorial coa finalidade de que cada grupo tivese un despacho, pero seguimos sen poder dispor dun espacio propio". Canal asegura que a sala destinada ós grupos da Corporación estana a compartir co Catastro e outros servizos municipais, polo que "ás veces, cando chegamos está ocupada e non a podemos utilizar", quéixase a edil do PP. A concelleira do Grupo Popular insiste ademais en que "fai xa un ano dende que escomezamos a solicitar este despacho e o alcalde comprometeuse a habilitárnolo, pero aínda non podemos contar con él". "Este é tan só un exemplo máis das promesas incumplidas de Xaime Rei", sentenciou Francisca Canal.