PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Con acusacions aos organismos provinciais de Pontevedra e Ourese se despacha a Consellería de Presidencia na nota enviada a MORRAZO-tribuna e que, na íntegra, di así :
En relación ás declaracións verquidas pola central sindical CCOO en relación ás emerxencias na Comunidade, cabe subliñar que as Deputacións de Pontevedra e de Ourense negáronse a manter calquera tipo de acordo, negociación ou conversa para a posta en marcha dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento, amosando así, unha actitude obstrucionista aos cinco parques de bombeiros previstos para estas dúas provincias dos dez novos parques para toda Galicia. Estes cinco parques serían Caldas, A Cañiza e Baiona na provincia de Pontevedra e Carballiño e Bande na de Ourense. De feito, fai un ano que se remitiron ás Deputacións de Pontevedra e de Ourense os estudos técnicos necesarios para determinar a ubicación dos parques. Hai que lembrar que na Coruña xa está constituído o consorcio provincial e que en Lugo está case terminado.
De todos os xeitos, a Xunta de Galicia está dentro do prazo previsto na Lei 5/2007 de Emerxencias –do 7 de maio- para a creación dos catro consorcios provinciais de bombeiros xa que se fixa un prazo máximo de tres anos dende a aprobación da Lei e pasou menos dun ano e medio.
Pola contra, a Deputación de Lugo amosou unha actitude cordial que posibilitou que o consorcio provincial se atope practicamente rematado. Neste sentido, xa se fixo un estudo técnico e de isocronas, os estatutos xa están redactados e só falta que sexan aprobados pola Deputación e pola Xunta e están feitos os proxectos técnicos e a dotación económica para a súa constitución. Ademais, a Deputación de Lugo xa recibiu un millón de euros para dotación dos novos parques -en concreto para cinco bombas urbanas pesadas- e a Deputación está en proceso de licitación de tres millóns de euros para completar a dotación necesaria.
Dos novos parques a crear en Galicia, cinco estarán en Lugo: un deles xa está construído, dous estanse construíndo e os outros dous están en fase de licitación. Polo tanto, está iniciada a tramitación para a construción de todos os parques previstos na provincia de Lugo. En canto á constitución do consorcio provincial da Coruña, este xa está constituído e en funcionamento.
Así mesmo, é preciso aclarar que o modelo de xestión dos parques de bombeiros por entidades privadas axústase ao previsto legalmente, inda que cabe lembrar que este foi desenvolto dende o seu inicio polo Goberno anterior do Partido Popular.
No relativo aos parques de bombeiros das cidades, tanto a Lei de Emerxencias como a Lei de Réxime Local establecen que os municipios con poboación superior a 20.000 habitantes deben prestar os servizos de protección civil e de prevención e extinción de incendios. Polo tanto, os parques de bombeiros municipais son competencia dos concellos correspondentes e a Xunta de Galicia non pode invadir competencias alleas que por lei corresponden a outra administración.
Estatuto dos bombeiros e AXEGA
En relación ao estatuto dos bombeiros, é preciso explicar que o que se presentou é un borrador que se remitiu aos sectores implicados para proceder á súa negociación, a cal se iniciou o pasado mes de xullo. Non se trata dun documento definitivo nin pechado, senón que é un documento base de traballo no que se poden introducir cambios. O que se fixo dende a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza foi dar cumprimento á Lei de Emerxencias presentando este texto para a negociación co sector.
Doutra banda, a Lei de Emerxencias de Galicia estableceu o desenvolvemento da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e a Xunta xa achegou 2,6 millóns de euros para dotala de equipamento para a xestión das emerxencias. Desta forma, refórzase o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Sos Galicia con máis de 600.000 euros para dar seguridade ao sistema e tamén se mercaron equipos para a xestión directa das emerxencias. A maiores, o Concello de Oroso cedeulle á Xunta 10.000 metros cadrados para a construción do Centro de Emerxencias de Galicia, para o que se está elaborando o proxecto.