PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .--O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, viaxou a Montevideo e Buenos Aires para inaugurar diversas obras realizadas pola institución provincial en centros de emigrantes de Uruguai, participar no 50 aniversario do Centro Pontevedrés uruguaio e nos actos do centenario do Centro Lalín de Buenos Aires, e para presentar o traballo de catalogación e inventario dos artistas galegos na emigración que a Deputación realizou en colaboración coa Fundación Mundo Nuevo de Buenos Aires.
Os primeiros actos de Louzán en Montevideo tiveron lugar onte, venres, día 3, data na que visitaba o Centro Galego, onde a Deputación colaborou na mellora das súas instalación deportivas. O Centro Gallego de Montevideo é o máis antigo do mundo e a súa sede social foi declarada Monumento Nacional polo goberno uruguaio. Tambén este venres, Louzán visitaba t o Centro Valle-Miñor, no que inauguraría unhas novas dependencias subvencionadas pola institución provincial.
Este sábado, Louzán inaugurará un cruceiro donado pola Escola de Canteiros da Deputación ó Hogar Español de Ancianos, entidade que acolle a máis de 200 maiores emigrantes. O centro, cuia ampliación foi inaugurada recentemente polo presidente do goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, é o único centro asistencial de España fora das súas fronteiras. A maior parte dos seus residentes son galegos, nun 70% de Pontevedra.
O presidente da Deputación de Pontevedra visitará tamén outras instalacións realizadas pola Deputación no centro emigrante pontevedrése participará nos actos do 50 aniversario do Centro Pontevedrés, que preside Andrés Ferreira Lago. No Uruguai residen 30.000 pontevedreses.
O domingo, día 5, o presidente da Deputación participará en Buenos Aires nos actos do centenario do Centro Lalín, que estarán precedidos por unha misa-homaxe ó desaparecido Xosé Cuiña na igrexa de Santa Rosa de Lima, próxima ó Centro Galego. Neste acto participará tamén o vicepresidente e alcalde de Lalín, Xosé Crespo.
Finalmente, o luns, Louzán presentará os resultados da Catalogación, inventariación e clasificación dos fondos de artistas galegos en Arxentina e Uruguai, que acometen a Deputación de Pontevedra, a través do seu Museo, e a Fundación Mundo Nuevo. Foron catalogadas obras de Laxeiro, Colmeiro, Arturo Cuadrado, Seoane, Sotomayor, etc. en coleccións públicas e privadas, nos propios centros emigrantes e incluso en lugares como galerías comerciais, estacións de metro e outras entidades bonaerenses. 
Os primeiros actos de Louzán en Montevideo tiveron lugar onte, venres, día 3, data na que visitaba o Centro Galego, onde a Deputación colaborou na mellora das súas instalación deportivas. O Centro Gallego de Montevideo é o máis antigo do mundo e a súa sede social foi declarada Monumento Nacional polo goberno uruguaio. Tambén este venres, Louzán visitaba t o Centro Valle-Miñor, no que inauguraría unhas novas dependencias subvencionadas pola institución provincial.
Este sábado, Louzán inaugurará un cruceiro donado pola Escola de Canteiros da Deputación ó Hogar Español de Ancianos, entidade que acolle a máis de 200 maiores emigrantes. O centro, cuia ampliación foi inaugurada recentemente polo presidente do goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, é o único centro asistencial de España fora das súas fronteiras. A maior parte dos seus residentes son galegos, nun 70% de Pontevedra.
O presidente da Deputación de Pontevedra visitará tamén outras instalacións realizadas pola Deputación no centro emigrante pontevedrés