VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Tras los últimos ataques del PP, la conselleira Rubio dio orden de contraatacar y emitir notas de defensa. Así se defiende la Sanidad socialista de la Xunta : "O Partido Popular de Galicia está a demostrar, unha vez máis, unha actitude irresponsable e oportunista ao criticar sen fundamento á Sanidade pública galega, desprezando o esforzo de traballadoras e traballadores e a comprensión da cidadanía galega. A oposición parlamentaria ignora tanto as medidas estruturais postas en marcha dende o inicio da lexislatura, como as actuacións puntuais postas en marcha xa no mes de decembro para facer fronte á maior incidencia da gripe dos últimos anos".
"En contra do que afirma a oposición parlamentaria, todo o equipo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde actuou con previsión ante a epidemia de gripe estacional que se produce todos os anos nestas datas. Sen embargo, nesta tempada, Galicia, como o resto das Comunidades Autónomas do norte de España, están a vivir unha das gripes de maior incidencia dos últimos anos. De feito, Galicia rexistra máis do dobre de casos estimados por 100.000 habitantes que a media do estado.
Grazas a esa planificación e previsión que a oposición quere ignorar con fins electoralistas, contratou a persoal de todas as categorías para reforzar os cadros de persoal non só dos servizos hospitalarios de urxencia, senón tamén doutros servizos hospitalarios. En total, contratáronse máis dun cento de persoas, ao tempo que parte do persoal dos servizos de urxencias ten aprazado voluntariamente os seus días de descanso para poder facer fronte ao incremento de demanda destes días.
Tamén durante as últimas semanas, todos os hospitais do Servizo Galego de Saúde teñen incrementado o número de camas de hospitalización, convertendo en dobres habitacións individuais, ou abrindo as unidades de preingreso, ou de curta estadía que se teñen preparado para estes casos dende o inicio de lexislatura. A oposición parlamentaria tamén quere ignorar que nestes días o número de camas dos grandes hospitais aumentou entorno a un 10 por cento.
O actual Goberno é consciente das dificultades dos servizos hospitalarios de urxencias, e por iso, ten habilitados novos espazos en gran parte dos seus hospitais, ten reforzado os servizos de urxencias extrahospitalarios e ten feito unha verdadeira aposta pola atención primaria.
Estas actuacións están sendo ben recibidas pola cidadanía, que nun exercicio de responsabilidade está a facer un correcto uso de todos os dispositivos asistenciais que ten á súa disposición e está a utilizar o teléfono de atención sanitaria 902.400.116, que é atendido 24 horas do día por persoal sanitario, e está a acudir preferentemente ao seu centro de saúde ou ao punto de atención continuada, deixando as urxencias hospitalarias para os casos verdadeiramente graves e urxentes.
O seguimento da evolución da epidemia de gripe é semanal por parte da Dirección Xeral de Saúde Pública permite pensar que nos vindeiros días descenderá a incidencia, se ben, todos os dispositivos continúan alerta ante un posible repunte provocado polo descenso das temperaturas destes últimos días.
Por todo iso, a Consellería de Sanidade lamenta a actitude irresponsable e oportunista do partido da oposición parlamentaria, que está a criticar as actuacións do Goberno sen xustificación e sen aportar ningunha solución, coa mirada posta exclusivamente no seu propio beneficio electoral".