VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Tras o éxito de convocatoria e o alto nivel de satisfacción do alumnado dos monográficos organizados nas pasadas edicións polo Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nas EOI de Santiago e Vigo, para os que se recibiron máis dun centenar de solicitudes, estes organismos acordaron seguir colaborando en 2009.
Así, para este ano, amplíase o número e duración dos cursos, aumentando os monográficos de 30 a 45 horas e diversificando xeograficamente a oferta formativa, contando coa colaboración das EOI de Santiago e Vigo, que xa ofertaran as pasadas edicións, ás que se suma tamén a EOI da Coruña. O pasado 17 de novembro renovouse e ampliouse mediante unha addenda o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Consorcio Audiovisual de Galicia asinado o 8 de xaneiro de 2007, mellorando as posibilidades dos profesionais de reciclarse.