16 enero 2009

Ataca el PP : Sergas declara espera media de 75 días para unha operación de traumatoloxía en Vigo, mentres unha anciana de Mos agarda desde hai 3 anos

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Borrador masivo de enfermos e peche de axendas de consultas en precampaña electoral. O Partido Popular de Galicia denuncia que os datos da lista de espera feitos públicos hoxe pola Consellería de Sanidade distan moito de reflectir a verdadeira realidade que se rexistra a cotío nos hospitais públicos galegos, onde os responsable políticos borran das estatísticas a un elevado volume de enfermos e pechan axendas de consultas para evitar que esa lista se incremente aínda máis.
Para Miguel Santalices, voceiro de Sanidade do PPdeG, os datos divulgados hoxe constitúen a última entrega das listas de espera antes das Eleccións autonómicas, "o que levou ao bipartito a aplicarse a fondo na súa manipulación para tratar de trasladar á opinión pública a sensación dunha mellora do funcionamento da sanidade que os cidadáns non aprecian por ningures".

Os feitos desmenten á conselleira de Sanidade e, como exemplo, o PPdeG apunta dous casos. Mentres que a lista de espera sinala que a demora media para unha intervención de traumatoloxía en Vigo se sitúa nos 75 días, o PPdeG denuncia que unha septuaxenaria de Mos leva 3 meses agardando unha operación de cadera.

De igual xeito, e mentres que a Xunta sitúa en 78 días o tempo de espera para unha operación de cirurxía cardíaca no CHUVI, esta unidade (antes dependente de Medtec e agora integrada en Galaria) está inmersa nunha situación de colapso, con máis de 100 días de demora para intervencións.

Nada se sabe tampouco da situación da unidade de cirurxía pediátrica de Vigo, na que a pesar das promesas oficiais, continúa sen efectuarse a auditoría externa anunciada para coñecer as deficiencias denunciadas e tratar de buscarlles solucións. Tamén en Vigo, o PPdeG recorda que os novos quirófanos anunciados por Touriño non volveron funcionar a pesar da elevada demanda de actividade cirúrxica que presenta a cidade e a súa área sanitaria.

EMPEORAMENTO PROGRESIVO

O PPdeG recorda que a Memoria de 2008 da Asociación Defensor del Paciente non deixa lugar a dúbidas cando afirma que “jamás, en nuestros once años de existencia, hemos percibido una comunidad peor en listas de espera, tanto diagnóstica como quirúrgica, que lo que hemos observado durante el 2008 en Galicia. No se dan cifras reales ni concretas, se maquillan y las agendas cerradas proliferan con mayor asiduidade en los centros hospitalarios”.

Simultaneamente, o barómetro sanitario do polo Ministerio de Sanidade sinala tamén que Galicia se sitúa como a segunda Comunidade Autónoma con maior descontento respecto ao funcionamento da sanidade pública

SATURACIÓN

O PPdeG recorda que a permanente saturación dos servizos de urxencias hospitalarias e as listas de espera que existen ata para acudir ao médico de cabeceira restan credibilidade á hipotética redución da lista de espera de consultas externas e cirurxía da que alardeou hoxe a conselleira de Sanidade no seu particular xeito de abrir a campaña electoral pagada con fondos públicos. Ademais, estes episodios de saturación sempre contribúen a incrementar a lista de espera, na medida en que supoñen un incremento dos ingresos nos programados que restan camas para a actividade cirúrxica ordinaria dos hospitais.

Os populares galegos recordan as reiteradas evidencias xurdidas ao longo da actual lexislatura en relación coa manipulación dos datos oficiais, como a lista non estrutural (oculta). Ademais, a Consellería de Sanidade –a través do PSOE eo BNG- veuse negando, sistematicamente, a efectuar auditorías independentes das listas de espera e a regular, por lei, o tempo máximo de espera no sistema público, como propuxo o PPdeG durante o trámite parlamentario da Lei de Saúde, para fixar garantías de espera máxima de 45 días para consultas e probas diagnósticas e 60 días para intervencións cirúrxicas.

“Se realmente fosen certos os datos facilitados hoxe pola Xunta de Galicia, ¿cal foi a razón para negarse a regular por lei un tempo máximo de espera como o que propoñía o PPdeG?”, pregunta Miguel Santalices, voceiro de Sanidade do PPdeG.