17 enero 2009

Moaña, balances do 2008 : Limpeza Viaria e instalacións de competencia municipal >>Mantemento de xardíns e zonas verdes.

MOAÑA (MORRAZO-tribuna).- No comezo do ano 2009 Víctor Pastoriza, teniente de alcalde del Concello de Moaña, quere aproveitar para facer balance das actuacións que se levaron a cabo nas áreas de Limpeza Viaria, limpeza de instalacións de competencia municipal e xardíns e zonas verdes. MORRAZO-tribuna, consciente da importancia que para os moañeses ten saber o que están a facer os seus gobernantes, publica na íntegra tambén este balance.

Limpeza viaria nos tramos con beirarruas.
O servizo esta concesionado a empresa Urbaser. Presta servizo do que estou razonablemente satisfeito.

Quero destacar a dificultade añadida que representa a precariedade coa que a Mancomunidade está prestando o servizo da recollida do lixo, que convirte con frecuencia as proximidades dos contenedores de lixo en pequenos vertedoiros. Estou convencido de que unha vez a Mancomunidade dispoña dun servizo de recollida de lixo en condicións, o servizo de limpeza viaria mellorará sensiblemente.
Conseguimos extender o servizo a tódalas beirarruás do Concello, de forma que se barran como mínimo 2 veces a semana. Estou convencido de que a eficacia na limpeza ten muito que ver co menor numero de inundacións que se están producindo no Concello.
Estamos facendo especial fincapé na limpeza do mobiliario urbano, marquesinas, postes de alumeado, postes de sinais, etc. Queremos erradicar a propaganda e anuncios do mobiliario publico.
Quero tamén destacar que o mal estado que presentan diversos tramos de beirarrúas aumentan a dificultade do seu barrido. Espero que no remate da lexislatura tódalas beirarrúas do Concello presenten un estado optimo de mantemento, co que tamén se mellorarán os traballos de limpeza das mesmas.
Non descarto extender o barrido mecánico a tódolos nucleos do concello o largo da lexislatura.

Limpeza viaria nos tramos sen beirarruas.
Estamos levando a cabo o largo de todo o Concello traballos de chapeo (limpeza de cunetas e canle de pluviais). O largo do ano 2008 actuamos en prácticamente todo o Concello.
Esta é unha das actividades que quero impulsar. O obxetivo é visitar tódolos viais do concello como mínimo 2 veces o ano para levar a cabo a limpeza de cunetas e canle de pluviais das mesmas.
Coa recente adquisición do tractor desbrozador esperamos mellorar a limpeza das testeiras nos viais de competencia municipal, levando a cabo 2 actuacións o ano en cada vial.

Limpeza de instalacións de competencia municipal.
19 empregadas do Concello ocupanse da limpeza de 28 instalacións de competencia municipal. Podo citar os 7 colexios, 2 infantis, o Concello, 2 Clubs de xubilados, a casa da mocidade, a ludoteca, os 9 locais cívico-culturais, os centros médicos de Domaio e Meira e os pavillóns.
O largo do pasado ano externalizouse a limpeza da praza de abastos, no mes de marzo sacaremos a concurso o contrato da limpeza desta instalación.

Mantemento de xardíns e zonas verdes.
O largo do ano 2009, unha media de 10 persoas levaron a cabo os traballos de mantemento que se acometen nos 80 lugares con zonas verdes que temos identificados.9 centros escolares, 10 lugares en Tiran, 27 lugares en Moaña (Carme e San Martiño), 13 lugares en Meira, 13 lugares en Domaio e 8 lugares nomeados como Adros.
O obxetivo é visitar os centros escolares unha vez cada 45 días e os restantes unha vez cada 30 días. Os traballos excepcionais (a poda, o vran, as vacacións, etc) e as festas locais provocan pequenos cambios e alteracións, pero eses son os obxetivos.
Tamén este servizo está mui afectado pola precariedade da recollida do lixo.
Quero destacar os traballos de limpeza que se levaron a cabo e seguirán levándose con regularidade nas zonas do litoral que contan con zonas verdes nas proximidades. Cito a chatarra e o lixo do entorno do centro de saúde e a rampa do Seara, das proximidades da rampa da Ramona, das proximidades da rampa do Con, do estripeiro e da Ponte.
Esperamos acadar un obradoiro de xardiñeria a través do Patronato Beiramar , que permita levar a cabo o adecentamento da zona publica do Monte do Con.

Moaña, xaneiro de 2008.
Victor Pastoriza - Tenente Alcalde.