VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O BNG do Condado celebrou este venres 16 de xaneiro unha rolda de prensa para mostrar a súa satisfación ante a proposta de acordo presentada pola Consellería de Vivenda e Solo, dirixida pola nacionalista, Teresa Táboas, aos veciños/as de Salvaterra e As Neves afectados pola PLISAN.
Na rolda de prensa atopábanse o Portavoz de Salvaterra, Gabriel Martínez e As Neves, Daniel Tienda e Xose Méndez, concelleiros de As Neves e a Portavoz Comarcal do BNG do Condado, Sandra Arauxo.
Os nacionalistas salientaron, tres aspectos, o prezo das indemnizacións, pasando de 3.75€/m2 a 4.03€/m2 (que xa inclue o abono dos intereses), o prazo do pago das indemnizacións que será inmediato abonando o 50% a semán seguinte a aprobación do convenio no Consello da Xunta e o 50% restanteantes do 31 de decembro de 2009 e o terceiro aspecto é a reserva de dereito da Xunta de Galiza para reclamar pola vía que considere máis idónea frente as empresas mineiras a devolución deste importe.

O BNG celebra, que finalmente sexa realidade o convenio cós afectados, donde se lle recoñece os veciños/as o dereito indemnizatorio polos recursos mineiros. Dereito que sempre foi defendido polos nacionalistas.
O BNG destaca a boa sintonía manifestada polos representades da Asociación de afectados de Meder, os que probablemente suscriban a aceptación do acordo na próxima semana e lamentan a inexplicable actitude da directiva da Asociación de Afectados PLISAN ( cuio presidente é Alejandro Rodríguez) que nin siquera acudiu a reunión e está impedindo así que veciños/as de Salvaterra-As Neves poidan percibir xa, as idemnizacións que legalmente lles corresponden.