VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, considera que o Partido Popular “insulta á cidadanía galega ao gabarse agora da súa actuación perante a crise do Prestige”.
“Todos e todas lembramos a neglixencia e a prepotencia con que se empregou a Administración do Estado na xestión da crise do Prestige. Os galegos e as galegas nunca se sentiron pior tratados. Felizmente a reacción social foi exemplar e o país soubo defenderse por si mesmo, fronte a chulería e a incompetencia de políticos como José María Aznar ou Álvarez Cascos que felizmente só pertencen ao pasado”, afirma Jorquera.

O coordenador executivo pergúntase se a renovación á que agora apela Feijóo vai consistir precisamente en reivindicar o legado de Aznar ou Cascos. “Moito depurar a Cacharro Pardo para finalmente vir a demostrar que a referencia ideolóxica máxima segue sendo o señor Aznar e o sector máis reaccionario e dereitista do Partido Popular”, di o dirixente nacionalista.
Jorquera considera “máis que discutíbel” a actuación da Avogacía do Estado no caso xudicial do Prestige, mais lembra que en todo caso as responsabilidades políticas xa foron depuradas polos cidadáns que democráticamente “determinaron a pasaxe do Partido Popular á oposición tanto no Estado como na Galiza”.
“É curiosa esta insistencia do PP en revisar e limpar o seu pasado. Xa que tan orgullosos se sinten do que fixeron, e tendo en conta que o señor Feijóo aspira agora a ser presidente do Goberno galego, a cidadanía ten dereito a saber se ante unha crise como a do Prestige actuaría de igual maneira que o fixo Fraga, abandonando o país para irse de caza”, conclúe o tamén portavoz do BNG no Congreso dos Deputados.