VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, organiza o curso denominado “Monitor de Actividades de Tempo Libre”, de 350 horas (200 horas teóricas; 150 horas prácticas) de duración, con data de comezo o 13 de febreiro e remate o 19 de abril do ano 2009, en horario os venres de 18:00 a 22:00 h.; os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e os domingos de 10:00 a 14:00 horas, nas instalacións pertencentes á Cidade Infantil Príncipe Felipe, Avda. de Montecelo nº 12, Pontevedra.
A parte práctica realizarase principalmente en actividades desenvolvidas pola Excma. Deputación de Pontevedra durante un prazo máximo de 2 anos dende que termina a parte teórica.
O obxectivo xeral do curso é a capacitación profesional a persoas da provincia de Pontevedra na especialidade de Monitor de Actividades de Tempo Libre.
A Deputación de Pontevedra pretende acercar os mozos pontevedreses á práctica de deportes e fomentar entre estes o coñecemento dos espazos naturais da nosa provincia, abrindo outras posibilidades que permitan un uso máis creativo do tempo libre. O presente curso conta cun amplo abanico de contidos que posibilite os alumnos que lo superen, facer fronte a un grupo de nenos/as contando con suficientes recursos para facerlles desfrutar das sesións programadas.
A solicitude de inscrición poderá descargala da páxina WEB da Deputación ou ben pedila no Rexistro Xeral da mesma. As solicitudes para o curso presentaranse, con data límite 28 de xaneiro de 2009, no Rexistro Xeral da Deputación (en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado), xunto co DNI ou pasaporte (fotocopia) e a tarxeta do INEM da persoa interesada (fotocopia).
Os interesados en obter máis información sobre o curso, poden chamar ó teléfono 986 80 41 35 (extensión 381).