VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de dez accidentes de tráfico e outras 171 urxencias entre as 00:00 horas e as 14,00 horas de hoxe. Os máis salientables foron:
-Ás 09:52, a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso por home que caera de altura no parque de bombeiros de POIO (PONTEVEDRA), en A Barca. Para atender á vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada. Alí atenderon a un home de 63 anos, J.L.G., con posibles fracturas costais e na perna. Logo dunha primeira valoración e asistencia médica foi trasladado a un centro privado de Pontevedra.
-Ás 10:25, a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso por home que foi atopado convulsionando nun taller en NOIA (A CORUÑA), na Rúa San Bernardo. Para atender á vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial e o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Alí atenderon a un home de 27 anos, M.M.S.. Logo dunha primeira valoración e asistencia médica foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
-Ás 11:01, a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso por unha muller que se precipitou en VIGO (PONTEVEDRA), na Rúa Faisán. Para atender á vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada. Alí só puideron certificar o falecemento dunha muller de 80 anos, L.R.C.