02 enero 2009

Deputación busca o aforro con reformas nas redes de telecomunicacións

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra adxudicou, na súa xunta de goberno, o servizo corporativo de telecomunicacións e a creación dunha rede multiservizo en 2,2 millóns de euros. A adxudicación tivo lugar en dous lotes: o primeiro, relativo á rede de voz, datos e Internet recae na empresa R por un prezo global perante catro anos de 1,8 millóns e o segundo, referente á rede móvil, na empresa Telefónica Móviles España por un importe, tamén para catro anos, de 335.970 euros.

Plan de aforro
No tocante á rede de móviles, a adxudicación hoxe efectuada suporá un aforro neto inicial de 60.000 euros ó ano, cada un dos catro contratados (en total, 240.000 euros). E no referente á rede de voz, datos e Internet, trátase dunha inversión de cara ó futuro en vista da obsolescencia dos equipos actuais que suporá asemesmo un aforro en gasto corrente de 60.000 euros anuais.
A medida hoxe adoptada deriva dun plan de aforro posto en marcha pola Deputación de Pontevedra que provocou unha auditoría interna de telecomunicacións. Na actualidade, a institución provincial dispón de 41 centros e 50 edificios que, a día de hoxe, non están comunicados entre sí, excepto Príncipe Felipe co Pazo Provincial en canto a servizo de Voz. Hoxe, a Deputación non tén con ningún centro servizo de datos, o que implica gastos de servidores, mantementos, licenzas, etc.
Os servizos hoxe contratados suponen dotar á Deputación e ós seus centros dos máis avanzados servizos de telecomunicacións pois é a primeira rede de telecomunicacións dunha Administración Pública galega cen por cen IP.
Este tipo de rede IP aporta a converxencia das tecnoloxías de datos, telefonía e multimedia nunha mesma rede, o que redunda nas sinerxias que incrementan exponencialmente a eficencia e o aproveitamento dos recursos disponibles. Este tipo de rede permite tamén a posta en escea dos servizos IP avanzados de valor engadido que posibilitan a interacción do ordeador personal co mundo das comunicacións unificadas.