02 enero 2009

Deputación echará el resto en el vial
Ponte do Val - Barciademera

MONDARIZ/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-A Deputación Provincial de Pontevedra aumentará en 35.356,59 euros o investimento para a mellora do trazado e do pavimento da estrada provincial Ponte do Val-Barciademera de xeito que finalmente destinará a esta actuación un importe total de 238.068,11 euros.

Así mesmo, a entidade provincial tamén acordou aumentar en 34.050,99 euros o orzamento da obra de mellora do trazado da estrada provincial Covelo- Barciademera que finalmente custará 205.528 euros.

Estas ampliacións económicas, que foron aprobadas hoxe polo Pleno da Deputación. No primeiro caso, o aumento do custe está motivado pola necesidade de construír novos accesos a camiños municipais, así como pola realización de novas escavacións e desmonte de rochas, non proxectadas inicialmente, así como pola ampliación do enlace coa estrada da Xunta de Galicia Mondariz-Moscoso.

No segundo caso, na estrada Covelo-Barciademera, a ampliación da partida económica responde á ampliación e a continuación do ensanche da citada vía nun novo tramo.

Estas actuacións realizarase con cargo ós fondos do Plan Provincial de Cooperación (PPC).